Merendas divertidas

A hora da merenda é un dos momentos do día máis agardados polas/os nenas/os polo que é unha ocasión fantástica para a introdución de alimentos saudables. A presentación debe ser o máis divertida posible para facelos máis apetecibles

Desde a Escola Infantil do Rosal propoñemos algunha receita para que as/os nenas/os coman alimentos cun gran sorriso e disfrutando de cada bocado.

Nome da actividade: merendas divertidas

Idade: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Fomentar a alimentación san e adquirir hábitos saudables.
  • Desenvolver os sentidos mediante o descubrimento e degustación de alimentos.
  • Traballar a coordinación óculo-manual.
  • Desenvolver a curiosidade e a imaxinación.

Materiais:

  • Froitas
  • Paus de brocheta.
  • Pan de molde
  • Queixo en lonchas
  • Xamón cocido en lonchas
  • Olivas
  • Palillos.

Descrición:

PIRULETAS DE FROITAS

  1. Cortamos as froitas e coa axuda dun corta pastas darémoslle forma de flores, estrelas, corazóns…

  2. Insertamos as froitas nos paus de brocheta.

  3. Metemos as piruletas de froitas na neveira ata a hora de comelas.

Para darlle un toque máis colorido podemos mollar algunhas froitas en chocolate fundido.

MONSTROS DE SÁNDWICH

  1. Cortamos o pan de molde en forma redonda cun molde e untamos o pan cun pouco de manteiga (opcional).

  2. Cortamos tamén o queixo e o xamón en forma redonda. Ó queixo recortámoslle o borde en forma de dentes.

  3. Poñemos en cada sándwich unha loncha de xamón e outra de queixo.

  4. Para facer os ollos podemos usar 2 olivas pinchadas cun palillo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *