Arte con ramas, flores, follas e pedras

Proposta que nos achega a Escola Infantil de Antas de Ulla

Nome:  Arte con ramiñas, flores, follas e pedriñas

Idade: 2-3 anos:

Obxectivo:

  • Fomentar a exploración sensorial
  • Estimular a capacidade de agarrar e recoller
  • Facilitar a observación e clasificación dos obxectos, favorecendo a coordinación óculo – manual
  • Aproveitar os recursos que nos ofrece a natureza e as súas posibilidades de xogo
  • Desenrolar a imaxinación e a inventiva

Materiais:

  • Unha cesta, cubo ou recipiente para recoller obxectos
  • Diversidade de elementos que nos ofrece a natureza: paos, follas, flores, pedras, terra, area,…

Desenvolvemento:

Aproveitando unha saída ao aire libre, parque, río, praia ou montaña, comezamos a recoller paos coa axuda do neno ou da nena, e nunha zona tranquila debuxamos con eles unhas cuadrículas ou distintas formas acoutadas que nos axuden á clasificación e separación dos distintos elementos naturais.

Animaremos aos nenos e nenas que busquen e recollan no seu cesto follas, pedras, flores, ramas, terra ou calquera outro elemento natural que estea ao seu alcance. Podemos axudarlles a buscar, deixar que o faga el só ou incluso darlle pequenas pistas sobre elementos que ten ao seu arredor.

Cando recolla unhas cantas, clasificarémolas colocándoas nas distintas cuadrículas ou espazos creando con elementos naturais a nosa obra de arte que deixaremos para os que a atopen podan continuala e desfrutala.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *