Subimos á montaña

A escola infantil de Mos Porteliña acheganos a proposta para crear un espazo cunha serie de obstáculos para que a nena desenvolva destrezas motrices.

Nome: Subimos a montaña.

Idade: a partir dos seis meses

Obxectivos:

  • Desenvolver as habilidades motrices e de coordinación
  • Aumentar o dinamismo e a seguridade nas coordinacións globais
  • Traballar a coordinación dinámica xeral
  • Exercitar a forza orgánica e muscular

Desenvolvemento

Uns cantos coxín, almofadóns, pezas de roupa e algunhas mantas ou sacos de durmir poden servir para crear na habitación un relievo “brusco”, que permitirá que a nena e neno se inicie na “escalada”.

  • No centro da habitación formamos unha “zona montañosa” cuns cantos almofadóns, coxíns, mantas e roupa amoreados. Os obstáculos deben ser facilmente salvables pola nena e neno e débese procurar que a superficie do chan non sexa escorregadiza para que non se despracen os almofadóns cando a nena e neno suba pola montaña.

  • Invitamos ao pequeno ou pequena a subir, facendo xestos como se tamén quixéramos subir e animándoo a facelo.

  • Debemos estar sempre preto para axudalo se fora necesario. Pouco a pouco podemos ir retirando as axudas a medida que vexamos que non as precisa.

  • Cando xa se mova con soltura, podemos crear unha pendente de inclinación suave cunha taboa e unha alza, para que suba e baixe por ella.

  • Variacións: podemos crear unha zona “montañosa” para xogar xuntos a perseguirnos, agocharnos debaixo dos almofadóns, coxíns, etc. A pequena e pequeno vaille gustar que gateemos ao seu lado e nos agochemos para que nos busque.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *