Luz negra e botellas sensoriais

Proposta que nos achega a Escola infantil de Coles

Nome da actividade: Luz negra e Botellas sensoriais brillantes

Obxectivos:

  • Fomentar a creatividade

  • Traballar os conceptos de luz e escuridade

  • Descubrir os diferentes materiais propostos

  • Desfrutar coa proposta

  • Elexir libremente os materiais e as relacións entre eles

Materiais:

  • Bombilla de luz negra (se se trata dunha escola ou dun sitio moi amplo podemos facernos cun fluorescente de luz ultravioleta)

  • Materiais con cores fluorescente (roupa branca ou fosforita, luvas pintadas de cores fluorescentes, post-its fluorescentes, rotuladores de subliñado fluorescentes, pezas de madeira ou animais de xoguete pintados con estas mesmas pinturas, cinta adhesiva fluorescente… )

  • Botellas

  • Auga

Desenvolvemento da actividade:

A luz negra é unha boa aliada para facer actividades na escuridade, xa que ademais de conseguir unha iluminación moi tenue ten a característica de resaltar as cores “fosforitas”, o que chama a atención dos cativos e cativas.

O adulto prepara a habitación. Escurécea por completa e acende a luz negra. Coloca pola sala os diferentes obxectos recompilados que brillarán neste contexto. Nun recuncho, por exemplo, podemos poñer folios brancos e subliñadores, noutro roupiña como luvas ou calcetíns fluorescentes, noutro pezas… Despois o neno vaina descubrindo libremente. Limitarémonos a observar as súas reaccións e aprendizaxes, as relacións que fai entre os obxectos, etc. E a acompañalo por si sinte angustia o medo.

Se as nenas e nenos lles resulta atractiva esta actividade, poderemos facer con eles unhas botella sensoriais para traballar en máis ocasións con esta luz. Chegará con conseguir botellas baleiras e enchelas de auga. Destinxiremos no seu interior unha carga de rotulador fluorescente

¡MAXIA! Xa temos unhas botellas que brillan na escuridade con luz negra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *