Exploramos obxectos

Dende a Escola Infantil de Coruña Eiris achéganos dúas propostas que posibilitan que a nena e o neno explore as súas posibilidades motrices e do seu entorno.

Nome da actividade: Exploramos os obxectos: golpeamos

Idade: 6-12 meses

Obxectivos:

  • Desenvolver o seu desenvolvemento motriz groso e fino
  • Potenciar a coordinación dos movementos de ambas mans

Materiais:

  • Dous obxectos de interese para as nenas e nenos

Desenvolvemento:

Para esta proposta ofréceselle ao neno dous obxectos. Nun inicio facilitaráselle que os manipule libremente descubrindo como son, que pode facer con eles… A posteriori, fomentaremos que os colla un en cada man, póidaos golpear un a un, un contra outro de maneira horizontal e vertical.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *