A importancia da familia na escola

A escola infantil de O Rosal acheganos unha reflexión sobre a importancia da familia na escola.

A importancia da familia na escola. Colaboración e participación.

A relación familia escola é fundamental para contribuír ao desenvolvemento do/a neno/a. Ninguén poría en dúbida que a educación é unha tarefa compartida entre pai, nai e educadores/as.

Non hai nada máis imprescindible que abrir canles de comunicación entre o fogar e o centro educativo. Establecer unha acción conxunta e coordinada que contribúa decisivamente no desenvolvemento intelectual, social e emocional do/a neno/a. A colaboración entre ambas institucións é fundamental na conformación dunha visión globalizada e completa do/a neno/a.


Beneficios da relación familia escola.
A repercusión real que ten no/a neno/a a relación familia escola, sen lugar a dúbidas, conducirá a súa estimulación, aumentando autoestima, rendemento escolar e capacidades actitudinais. O reparto de responsabilidades é fundamental para o desenvolvemento do autoconcepto do/a neno/a en idades temperás. Tamén, para a mellora das súas habilidades sociais, psicomotrices, creativas e cognitivas.

Pero é que, ademais, unha boa interacción familia escola proporciona ao neno/a unha percepción de acercamento e proximidade que consegue que cargue o ámbito escolar de atributos de familiaridade e seguridade. Todo o cal, enche de confianza ao neno/a.


Como conseguir establecer una correcta relación familia escola?
O equipo educativo sabemos a responsabilidade que temos de facer partícipes as familias do día a día dos seus fillos. De facilitarlles toda a información necesaria para que se sintan involucrados e co-responsables do desenvolvemento educativo das súas crianzas. O proxecto educativo das escolas debe contemplar a necesidade de garantir a colaboración cós pais dende o primeiro día que o/a neno/a a formar parte da nosa familia. Así é como o podemos conseguir:

1. Comunicación cós pais
En primeiro lugar, o fluxo de información coas familias é esencial. O obxectivo sería promover a participación familiar e o intercambio sobre actitudes e progresos e da crianza no desenvolvemento cotiá da escola. Por este motivo, organizaranse xuntanzas coas familias ao longo do curso, especialmente ó principio, có fin de:

Informar acerca do equipo educativo, das aulas,
Comunicar a importancia do período de adaptación e organizar en conxunto para o benestar do cativo/a.
Informar sobre aspectos relacionados coas normas de organización e funcionamento (horario de entradas e saídas ao centro, descanso e hixiene, alimentación, descanso, etc.).

Ademais dos imprescindibles contactos diarios entre familia e persoal da escola, ao longo do curso podemos establecer un sistema de cartas, circulares …. que permiten facer chegar información de carácter xeral. Por exemplo: invitacións a eventos da escola (a festa de samaín, a festa de nadal, o entroido,a festa de fin de curso, etc.), informacións relacionadas con noticias de tipo administrativo (como por exemplos asuntos relacionados coa matrícula) ou a apertura de novas propostas.

2. Información actualizada de novidades.
Por outra parte, as familias poden visitar o noso blog. Somos conscientes da tranquilidade e satisfacción de estar ó tanto das últimas novidades dos pequenos. Por iso, é importante manter a nosa canle de comunicación online actualizada case a diario, aportando toda unha explicación sobre a actividade que realizamos e os seus beneficios desde o punto de vista pedagóxico.

3. Colaboración dos pais na escola
Outro modo de colaboración das familias é la petición de axuda na organización das propostas da escola. O feito de recurrir á axuda das familias é unha forma máis de establecer esa confianza que o/a neno/a tanto agradece. Ademais, debe darse a oportunidade ás familias de formar parte de certas propostas dos seus fillos/as.

4. A axenda e tokapp.
Unha gran aportación á comunicación coas familias é axenda escolar e aplicación de mensaxería tokapp, as cales teñen numerosas vantaxes:

  • Maior alcance comunicativo,
  • Carácter inmediato e áxil.
  • Variedade informativa.

Tanto coa axenda coma coa tokapp, as familias están en contacto directo con toda a información relacionada co día a día do seu fillo/a:

  • Eventos e comunicados,
  • Mensaxería directa có centro,
  • Actualizacións relacionadas coa alimentación, o sono e outras propostas do neno.

1 reflexión sobre “A importancia da familia na escola

Deixa una resposta a valadares Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *