Unha tarde no campo

A escola infantil de Chantada acheganos un paseo polo campo.

Nome da actividade: Unha tarde no campo

Idade: 2-3 anos

Obxectivos:

  • Iniciar ao neno e a nena no coidado dos animais
  • Relacionarse e interactuar cos animais
  • Disfrutar do contacto coa natureza
  • Iniciar aos nenos e nenas no coidado das plantas
  • Divertirse aprendendo


Descrición: Aproveitamos que xa podemos saír ao exterior ,e que o tempo acompaña, para achegarnos ao xardín, á granxa, á horta, e coidar regando as nosas plantas, dando arrincando herbas, podando, etc.. Tamén lle damos de comer aos nosos animáis….Que ben o pasamos!

 

 

 

 

 

Materiais:

  • Auga
  • Regadeira
  • Comida para pitas
  • Outros materiais necesarios.

Desenvolvemento:

Acompañamos aos nenos e nenas a dar unha volta polos nosos espazos exteriores onde se atopan as prantas e os animais que poidamos ter nas nosas casas, permitíndolles que nos axuden no coidado dos mesmos. É un xeito de potenciar as súas posibilidades de facer, de ser e de estar na natureza e cos adultos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *