Un becho estraño

Dende a escola infantil de Melide achegamos un conto sen fin que nos propón o xogo da identificación das partes do corpo deste becho.

Nome: Un becho estraño

Idade: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Identificar partes do corpo
  • Permitir aos nenos e nenas que se expresen
  • Fomentar a lectura na familia
  • Gozar co efecto sorpresa da actividade

Materiais:

  • Conto
  • Folios
  • Blu tack/velcro
  • Soporte

Descrición:un becho estraño” é un libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Este conto destaca polo “xogo” que establece cos nenos e nenas, que descubrirán con el a lectura. Este será un momento en familia en que un adulto pode contar o conto aos máis pequenos ou ben elaborar as partes deste becho estraño que logo nos permitirá interactuar dun xeito máis persoal co conto, ata nos permite inventar a nosa propia historia.

Pasos sinxelos para a elaboración do conto:

  1. Debuxar as diferentes partes do corpo do becho e pintalas

  2. Pegar bluetack ou velcro en cada parte do corpo

  3. Gozar xogando ou contando o conto (desenvolvendo a súa historia coas partes elaboradas e colocándoas no soporte).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *