Imos de compras

“Dende a escola infantil de Cambre A Barcala achegámosvos unha das actividades máis atrativas para os vosos fillos e fillas e a potencialidade que ten xerar tarefas de experimentación, identificación, clasificación, …, e sobre todo compartir vivencias nas que colaboramos conxuntamente coa nena e o neno dende as súas potencialidades.”

Idade: De 2 a 3 anos

Obxectivos:

  • Fomentar o xogo simbólico.
  • Coñecer novas texturas a través da manipulación e experimentación.
  • Favorece a súa creatividade e imaxinación.
  • Estimular os sentidos
  • Propiciar o desenvolvemento da súa concentración e a curiosidade polo mundo que o rodea.
  • Iniciarse na lóxica-matematica.
  • Fomenta o desenrolo da linguaxe
  • Xogar en familia

Materiais:

Produtos que teñamos na casa e eles poidan manipular con seguridade de:

  • Alimentación.
  • Hixiene
  • Limpeza.
  • Bolsas de papel ou cestiña para meter a compra.
  • Folletos do super.
  • Máquina rexistradora de xoguete ou feita con una caixa..
  • Bolsos.
  • Carteira.

Poñeremos os diferentes productos que teñamos na casa ou productos que mercamos con eles. Podemos ollar previamente un folleto do super. Facer a lista da compra Nomeámolos, vemos cómo son, se son grandes, pequenos, se pesan ou non, etc. Colocarémolos enriba dunha mesa, ou nunha estantería a que eles e elas poidan chegar sen dificuldade. .Só queda ir mercar e pasar un rato divertido xogando e aprendendo á vez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *