Bichiños

Agora que podemos sair ao exterior, a escola infantil de Coles acheganos unha proposta de traballos cos bichiños que atopemos na horta.

Nome da actividade: Bichiños

Obxectivos:

  • Observar a natureza
  • Respectar os animais
  • Aprender curiosidades sobre os insectos que nos rodean
  • Desfrutar do noso entorno

Materiais:

  • Lupa
  • Bote de cristal
  • Cámara de fotos

Desenvolvemento da actividade:
Provistos do noso kit de observación de insectos partimos emocionados a dar un paseo en busca de vida animal. Unha formiga, unha xoaniña, un caracol… animais que vemos a diario sen darlle importancia. É hora de pararnos a observar as súas antenas ou ollos, se teñen pelo ou ás, se comen leituga ou froita… sempre ensinándolle ós nenos a respectar a natureza e a coidar dos animais. Con algúns teremos coidado por si nos pican, outros en cambio poderán pasearse pola nosa pel mentres sentimos ese case imperceptible cosquilleo. Unha actividade chea de estímulos sensoriais e de aprendizaxes. Non podemos esquecernos de liberar os animais ao seu hábitat como outra das aprendizaxes importantes. Para rematar imprimimos as fotos dos insectos que atopamos e facemos o noso pequeno recuncho con elas. Podemos colgalas nunha corda e completar con algún conto de animais con imaxes reais ou sons. Con insectos de xoguete…
Variante da actividade:

 

 

 


Poderemos facer a observación de outros tipos de animais. Ó importante é ir aportando datos significativos (a vaca é grande e o becerro pequeno, a ovella da leite e as galiñas poñen ovos, o grilo canta e o saltamontes brinca…). Completar sempre coas fotos afianza coñecementos e motivación, permitindo que as crianzas volvan sobre o vivido as veces que queiran de maneira sinxela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *