As bondades do lobo

A escola infantil de Vigo Valadares acheganos a reflexión sobre as personaxes dos contos.

A través deste texto, podemos achegarnos á importancia dun dos contos máis significativos para a infancia:

Un xesto, unha mímica, a postura de cuadrúpede ou exclamar: Unha besta feroz! abonda para que todos corran a esconderse, para que se protexan do agresor e griten: Un lobo! Cando se aproxima aos escondedoiros a emoción faise máis viva: hai nenas e nenos que gritan ou tapan os ollos, que foxen, e outros que, finalmente, imitan e ridiculizan ao lobo para provocalo.

Chega con amosar que o lobo non é perigoso, que pode ser amable, para atenuar a angustia e o medo das nenas e nenos a ser devorados polo agresor.

A división entre o que é bo e o que é malo avanza cara a superación cando se sabe que o lobo é unha forma simbólica da figura do proxenitor, co que esta comporta de perigosa.

A capacidade para cambiar de rol, para representar a figura do agresor que persegue ou do agredido e perseguido, sempre dende o pracer da acción, é un índice de maduración psicolóxica e afectiva que se traduce nun cambio tónico e emocional”

Adaptación ao galego dun fragmento do libro: Bernard Aucoutourier, 2004, Los fantasmas de acción, Biblioteca infantil nº 7, Ed. Grao



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *