A importancia de camiñar descalzos

Reflexión que nos achega a Escola Infantil de Mera sobre a importancia de camiñar descalzos/as

Andar descalzos presenta moitos beneficios para os nenos/as tanto a nivel físico como a nivel emocional.  É necesario que os nenos e nenas vaian con calzado para protexerse do frío, evitar feridas, rozaduras… pero hai algo instintivo neles para andar descalzos.

Aproveitar os momentos de estar na casa, na praia ou no xardín descalzos pódeslle beneficiar moito.

BENEFICIOS:

  • Favorece o desenvolvemento cerebral: Os pés teñen moitas terminacións nerviosas, é por iso que xogar cos pés e favorecer que camiñen descalzos permite una maduración do sistema nervioso.

  • Estimula o sistema nervioso e desenvolve o sentido da conciencia corporal: Os nosos pés teñen moitas terminacións nerviosas que transmiten información ao corpo, permitíndolle ao neno saber onde está o seu corpo e moverse con seguridade.

  • Favorece as articulacións e músculos e mellora a postura: Ir descalzos axuda a fortalecer as articulacións e os músculos dos pés.

  • Desenvolve un andar saudable e prevén lesións nos pés: Se os pés están demasiado tempo pechados en zapatos inaxeitados impídese o correcto desenvolvemento e os dedos dos pés non poden estenderse libremente. En cambio andar descalzo fortalece os pés, parte inferior das pernas e os nocellos

  • Mellora os sentidos e favorece unha maior conexión coa natureza e o entorno: Axuda a coñecer mellor o entorno e ser máis conscientes del. ¿Como se sinte o chan?¿E a herba?¿E as rocas?. Ir descalzos activa os sentidos e fai que os nenos e nenas estén atentos as circunstancias do entorno adaptándose a él.

Por todo isto:

  • Podemos comezar no interior do fogar.

Moitos nenos/as nada máis chegar a casa o primeiro que fan é descalzarse xa que lles proporciona un alivio. En inverno podemos optar a poñerlles uns calcetíns gordos e antideslizantes.

  • Descalzarse no exterior progresivamente: a algúns nenos e nenas cústalles por iso, debemos ir pouco a pouco respectando sempre as súas decisións, sen obrigarlles. Camiñar descalzo pola area, pola herba… son algunhas das actividades beneficiosas.

Se a miúdo saímos a contornos onde ir descalzos sexa posible, os nenos e nenas descubrirán e sentirán o mundo baixo so seus pés, proporcionándolles sensacións que lles axudarán ao despregue das súas habilidades, percepcións e emocións.

1 reflexión sobre “A importancia de camiñar descalzos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *