Xogamos con tapóns

Dende a escola infantil de Ourense Barrocás acchegan unha proposta de xogo con tapóns.

Nome: Xogamos con tapóns

Idade: 1-3

Obxectivos:

  • Favorecer a atención e a coordinación.
  • Exercitar a motricidade fina.
  • Mellorar o equilibrio e a coordinación óculo-manual.
  • Potenciar a capacidade viso-espacial.

Materiais:

  • 1 caixa de cartón.
  • Velcro adhesivo.
  • Tapóns de botellas de leite (1,5 l).

Elaboración:

Pegamos tiras de velcro na parte superior da caixa e tamén na parte exterior dos tapóns, asegurándonos que na caixa sexa un lado do velcro e nos tapóns o outro. Dentro dos tapóns podemos pegar pegatinas. Disfrutaremos de momentos de diversión pegando e intentado despegar os tapóns.

A continuación mostramos un exemplo.

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *