Experimentamos coa natureza

A Escola Infantil de Betanzos preséntanos unha proposta para que as nenas e os nenos coñezan e exploren as características dos distintos elementos da naturaleza.”

Nome da actividade: Experimentamos coa natureza

Idade recomendada: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Identificar características de diferentes elementos naturais
  • Recoñecer elementos propios do contorno natural
  • Observar e experimentar con elementos do contorno
  • Percibir diferentes olores e aromas a través do sentido do olfacto
  • Valorar positivamente elementos propios da natureza

Materiais:

  • Follas e flores aromáticas
  • Diferentes recipientes

Desenvolvemento:

Presentamos diferentes elementos propios do noso contorno natural como flores e herbas aromáticas. Ademais colocaremos diferentes recipientes e utensilios de madeira, de forma que as nenas e os nenos interactúen libremente sobre eles observando as súas características e atributos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *