Experiencias con auga e xeo

Proposta que nos achega a Escola Infantil de Gondomar

Materiais:

  • Animais.
  • Xeos de diferentes tamaños.
  • Neve caseira.
  • Unha mesa, bandexa ou un espazo no chan onde montar esta recreación.

Desenvolvemento:

Trátase de ofrecerlles as/os cativas/os unha pequena recreación dunha zona da natureza que normalmente non temos ó noso alcance. Para elaborar a neve precisamos:

  • 3 partes de bicarbonato.
  • 1 parte de sal.
  • Auga fría ( moi pouca).

Comeza mesturando o bicarbonato co sal remexemos ben ata que estea todo ben mesturado. Despois imos engadindo pouco a pouco a auga ata que teñamos a textura desexada.

Elaboraremos tamén xeos de diferentes tamaños e formas. Cando teñamos todo colocamos a neve, o xeo e os animais na bandexa simulando o hábitat deses animais e simplemente deixamos que as vosas/os fillas e fillos experimenten libremente con todo este material que lle aporta multitude de sensacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *