Salvamantel con siluetas

A escola infantil de Burela Os Castros acheganos un salvamantel con siluetas.

Idade: A partir de 1ano.

Obxectivos:

  • Identificar, recoñecer e colocar os utensilios.
  • Adquirir máis autonomía no momento da comida.
  • Fomentar a motricidade fina e grosa.
  • Fomentar a autonomía das tarefas cotiás.
  • Desenvolver o sentido de pertenza ao grupo

Materiais:

  • Cartolina branca ou de cor ( tamén podemos nun pedazo de tela ).
  • Rotulador groso para marcar ben a silueta.
  • Cubertos vasos e pratos.
  • Comida para facer o xogo máis divertido e completo.

Descrición:

Pintamos na cartolina a silueta do que queiramos traballar, neste caso: vaso, prato, pano de mesa, culler e garfos. Aconsellamos comezar a traballar tres debuxos a medida que vaia familiarizándose ir engadindo siluetas.

Poñemos a cartolina sobre unha mesa baixa na que poidan traballar os nenos e nenas comodamente. Colocamos garfos, pratos… ó seu alcance pero con certa distancia para que sexan capaces de trasladar eles sós.

As primeiras veces debemos mostrarlle como facelo; levando os obxectos á mesa de un en un, e empregando as dúas mans. Tamén é moi importante que o fagamos sempre na mesma orde para que interioricen a secuencia da actividade.

 

 

 

 

E xa estamos listos para comezar a xogar!

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *