Palmeiras de chocolate

A Escola Infantil de Boiro Praia Xardín fainos achega desta proposta para cociñar cos cativos/as

Nome: palmeiras de chocolate

Idade: Familias e cativos a partir de 12 MESES

Obxectivos:

  • Manipular e experimentar con distintas texturas de un mesmo elemento: o chocolate en polvo, derretido e duro.

  • Desenvolver os sentidos de gusto, tacto e olfato.

  • Experimentar cos alimentos: chocolate, masa, manteiga

Contidos:

  • A mellora e práctica da motricidade.

  • A curiosidade polos distintos elementos típicos do contorno próximo.

  • O desenvolvemento dos sentidos: gusto, tacto, olfato

  • As texturas de distintos alimentos

Materiais:

  • Chocolate en tableta, polvo e derretido.

  • Manteiga

  • Masa hoxaldre

  • Forno.

  • Coitelo

  • Empanadeira.

Descrición da actividade:

Esta actividade esta pensada como colaboración entre os membros da familia, coa oportunidade de deixar aos cativos e cativas participar na manipulación de algún dos seus ingredientes.

En primeiro lugar, deixaremos aos nenos e nenas manipular o chocolate presentandoo ante eles de distintas maneiras: duro, en polvo e derretido ( neste último caso coa temperatura axeitada para poder manipular) e deixamos que experimenten con él á vez que podemos verbalizar con eles o que estamos facendo.

A continuación podemos darlles un anaco de masa para experimentar como é a súa textura e que nos axuden a “amasala” un pouquiño, dando golpes coas mans contra ela. Despois podemos xa pasar a elaborar a receita en si: Primeiro estiramos a masa e cubrímola co chocolate, unha vez cuberto, pasamos a enroscala por un extremo cara a metade da lámina e despois polo outro; unha vez se xunten ambos lados, o adulto cortara en anacos as palmeiras ; por outro lado, cubrimos a empanadeira de manteiga, no que nos poden axudar os cativos, e para finalizar poñemos as palmeiras distribuídas pola empanadeira. Levamos o forno, uns 10 minutos ou 15 e a temperatura que nos indique a masa ( sobre 150-180º aproximadamente) e pasado este tempo comprobar o pastel, e… a desfrutar!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *