Limpar a Praia

A escola infantil de Carballo As Landras fainos unha moi boa proposta en relación ao medioambiente que podemos realizar nestas saídas.

Idade: A partir dos 24 meses

Obxectivos:

  • Concienciar os nenos e nenas no respecto ao medio ambiente
  • Respectar e protexer o noso entorno
  • Gozar dunha actividade en familia

Material:
Unha bolsa (ou similar) para ir gardando o lixo que atopamos.

Descrición:
Agora que comeza o bo tempo e xa podemos ir ás praias e desfrutar delas, podemos aproveitar e dar un paseo por elas para ir recollendo o lixo que poida haber cos nenos e nenas (con coidadiño). Son moitas as praias que temos ás que chegan residuos de barcos ou mesmo de lixo que deixa outra xente, así que ao tempo que o imos xuntando, concienciamos aos nenos e nenas de que non se debe tirar nada ao chan, a importancia de coidar o entorno, da reciclaxe, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *