Facemos xeado

A escola infantil de Vilaboa propón elaborar xeado aproveitando que se comeza a facer calor . Ademais, deste xeito, presentaremos ás crianzas as froitas de tempada dun xeito diferente e refrescante!

Nome: Facemos xeado!

Idade: 2-3 anos

Obxectivos:

  • Adquirir destrezas e habilidades manipulativas pelando e cortando as froitas.
  • Empregar cuantificadores e medidas e identificar secuencias temporais seguindo os pasos que indica unha receita.
  • Observar a transformación dos ingredientes nunha masa ao mesturarse e ao someterse a determinadas temperaturas (froita conxelada e o propio xeado)
  • Estimular a coordinación e a psicomotricidade fina de mans e dedos: pelar, cortar, transvasar…
  • Descubrir novas texturas.
  • Disfrutar do tempo en familia

Materiais:

  • 1 plátano ou banana.
  • Media taza de amorodos (nesta ocasión utilicei conxelados pero poden empregarse de xeito natural e despois conxelalos).
  • Un iogur grego.
  • Azucre.
  • Coitelo de untar ou punta roma para que manipulen as crianzas.
  • Culler para botar os ingredientes.
  • Batidora.
  • Un tupper ou recipiente para meter no conxelador.

Desenvolvemento:

  • Cortamos o plátano e os amorodos en anaquiños e despois metemos nunha bolsa ou recipiente para conxelar (unhas catro horas no conxelador). Se mercamos as froitas conxeladas, saltaremos este paso.

  • Unha vez conxeladas as froitas, botámolas nun bol ou nun vaso batidor. De seguido, engadimos o iogur e o azucre ao gusto e procedemos a bater ben.

 

 

 

 

 

  • Botamos a mestura nun tupper apto para conxelar e metemos no conxelador un mínimo dunha hora.

  • Cando teña a consistencia precisa para formar bolas, sacamos e servimos. Podemos engadirlle siropes ou coberturas diversas para facelo máis atractivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *