Natureza conxelada

A escola infantil de Cangas O Hío acheganos unha nova proposta de traer a natureza á casa.

Nome: natureza conxelada

Idade: 6 meses a 3 anos

Obxectivos

  • Identificar e coñecer diferentes tipos de flores.
  • Mostrar actitude de coidado e respecto polo entorno natural.
  • Desenvolver a motricidade fina.
  • Coñecer os distintos estados da auga a través dos sentidos.

Materiais

  • Bandexas
  • Diferentes elementos naturais como flores, follas..
  • Auga
  • Pequenos recipientes
  • Xiringas, pipetas..
  • Martelo pequeno de xoguete ou madeira
  • Sal
  • Colorante (opcional)

Desenvolvemento

Aproveitamos unha saída a natureza para recoller flores, paus, follas e pequenos froitos de diferentes tipos. Este é un bo momento para ver e comparar como ulen, como son, estimulando a observación e olfacto.

Ao chegar a casa, preparamos o bloque de xeo. Enchemos uns recipientes ou unhas cubiteras con auga (podemos engadirlle colorante) e introducimos as flores, follas e froitos que recollemos. Despois metemos no conxelador unhas horas ou ata o día seguinte.

Presentamos a actividade nunha bandexa con útiles que permitan aos nenos e nenas desfacer o xeo. Poden usar martelos, xiringas, pipetas, auga quente, sal…

Deixaremos que o neno ou nena experimenten libremente co xeo e descubran por si mesmos que o xeo derrétese co calor (exposición directa ao sol) a golpes, con auga quente, sal e paciencia…

 

 

 

 

Non ten ningún misterio pero aos nenos e nenas lles encantan este tipo de actividades porque prodúcese un fenómeno (causa – efecto) inmediato e se lle engadimos auga, a diversión esta asegurada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *