Galletas de manteiga

Dende a escola infantil de Coles acheganos a proposta dunha recita de galletas ben rica.

Nome: Facemos galletas de manteiga

Idade: 1-3 anos

Obxetivos:

  • Desenvolver a creatividade e imaxinación modulando e amasando
  • Desenvolver nos sentidos: olfato, tacto e gusto, mediante a observación, descubrimento e degustación.
  • Traballar hábitos de hixiene: lavado de mans, utensilios, dentes…
  • Desfrute da actividade proposta.
  • Adquirir autonomía na actividade realizada.
  • Desenvolver a iniciativa propia.
  • Fomentar a autoestima.

Materiais:

  • 350 gr. De fariña
  • 250 gr de manteiga
  • 150 gr. De azucre
  • un bol grande
  • culler ou espátula para mesturar
  • papel trasparente de cociña
  • papel vexetal de forno

Descrición: Cociñar cos máis pequenos e pequenas da casa e todo un pracer. Para eles e elas cociñar tamén é xogar, aprender e unha forma exquisita de educar. Aos cativos e cativas poden aprender valores necesarios para o seu desenvolvemento psicolóxico como a responsabilidade e o valor de colaborar nas tarefas do fogar. Cociñar e unha actividade moi divertida para os nenos e nenas e moi útil para os días de choiva. Amasar, dar formas etc. Convértese en toda unha aventura sensorial que mellorará a súa destreza manual.

 

 

 

 

Nesta receita tan sinxela as nenas e nenas poderán disfrutar e ver o resultado do seu traballo.

 

 

 

 

Primeiramente colleremos 250 gr. de manteiga e a mesturamos, nun bol con 150 gr. De azucre e unha cullerada de postre de esencia de vainilla. Cando esté ben mesturado iremos engadindo os 350gr. de fariña, pouco a pouco para que non se fagan grumos. Cando ca culler ou espátula non se podía amasar o faremos cas mans. Cando a masa esté ben mesturada, pasaremos a masa enriba dunha mesa ou mármol poñendo nela un pouco de fariña. Faremos un “churro” coa masa, e o cortarmos en dous. Eses dous “churros” os envolveremos con papel transparente e os poñeremos no conxelador arredor de 1 hora. Ao sacar os “churros”do conxelador sacarémoslle o papel transparente e os cortaremos en franxas de medio centímetro aproximadamente. Poñermos todas esas franxas no forno enriba de papel vexetal ou de forno a 170 grados, aproximadamente, durante uns 15 minutos. Ao sacar do forno deixamos enfrirar e a degustar.

 

 

 

 

Que vos aproveite!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *