A importancia dos avós

A importancia dos avós

Dende o equipo da escola infantil de Coruña Sardiñeira non queremos esquecernos de falar dunhas persoas moi importantes na vida diaria das nenas e dos nenos que están cheas de agarimo, experiencias e sabiduría, “os avós”.

Os avós teñen un papel moi importante na vida dos nenos e das nenas como persoas que xeran vinculacións afectivas seguras e son facilitadoras de trasmisión da nosa cultura tradicional (cancións, costumes, xogos…)

Os netos establecen fortes lazos de apego cos seus avós, converténdose nos seus mellores compañeiros de xogos, cómplices de argalladas, fonte de experiencias, confidentes…

Neste senso, a relación entre nenos e avós consegue alianzas fiables baseadas nun gran afecto e axuda emocional, nun vínculo co pasado e un modelo de conducta que xera unha diversidade de vivencias e experiencias.

A escola é o espazo de observación por excelencia, e nel se nos ofrece a oportunidade de poder ver acotío fermosas imaxes de agarimo, confianza, complicidade entre avós e netos. É unha estampa fermosa, sinceira, chea de espontaneidade e amor.

Unha das imaxes que máis soemos presenzar na escola é ver como os avós collidos da man dos seus netos van falando de o que van facer a tardiña, si van ir ao parque, que tal lle foi o día,…. Ver a cara de ilusión, tanto dos nenos como dos maiores, da unha sensación de felicidade, de emoción interna… e incluso moitas das veces fainos sorrir.

A cotío nos convertemos nos confidentes dos avós e os escoitadores das súas conversas, pouco a pouco fannos partícipes das súas correrías cos seus netos, son os primeiros en contarnos as novas conquistas evolutivas dos seu pequechos,… realmente escoitalos falar con tanta paixón fainos sentirnos como un membro máis da súa familia.

O que nos transmiten estas relacións son que entre ambas xeracións hai unha devoción, dependencia e ilusión bidireccional. O sorriso dun neno e do seu avó cando se ven é unha das imaxes máis tenras que podemos desfrutar.

Por iso, dende a escola é necesario telos moi presentes, coidar e brindar esta relación interxeracional tan pura e beneficiosa para toda a comunidade educativa. A escola debe fomentar a aprendizaxe conxunta entre as dúas xeracións, netos e avós e así facilitar unha educación emocional, unha adquisición de valores e competencia social moi enriquecedora para ambos, converténdose deste xeito, nun contexto beneficoso para unha maior capacidade de comprensión e respecto entre xeracións.

Grazas avós por estar aí e facernos un pouquiño máis sinxela e rica á nosa vida.

Aquí os deixamos con todo o noso agarimo un contiño dedicado para vós

Querémosvos!!!.

1 reflexión sobre “A importancia dos avós

Deixa una resposta a valadares Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *