Manipulamos e experimentamos con froitas

A Escola Infantil de Cambre A Barcala achéganos distintas propostas de experiencias coas froitas adaptada as distintas idades.

Nome: manipulación e experimentación con froitas con bebés

As froitas están presentes na vida cotiá das nosas crianzas desde os primeiros meses de vida,  e son alimentos base para unha dieta saudable e equilibrada, que a súa vez repercute no seu benestar físico e mental.

Idade: de 6 a 18 meses

-Obxectivos:

-Estimular a exploración e coñecemento sensorial: a nivel oral meténdoas na boca, visual percibindo as diferentes cores, táctil coas mans manipulando e recollendo información sobre a forma, os tamaños e olfativo cos diferentes olores.

– Favorecer o coñecemento do seu propio corpo, a través das sensacións que percibe.

-Fomentar as habilidades motrices finas.

-Materiais: diversas froitas que por idade xa poden comer, as primeiras que se introducen son a laranxa, a banana, a mazá.

-Desenvolvemento: Pode presentarse nunha mesa accesible para a crianza, no chan forrando con papel de embalaxe (se é posible), ou sobre unha bandexa plástia, tamén se pode desenvolver na trona. Imos presentando cada froita de cada vez dándolle o tempo que precise cada crianza para que a explore ( mellor en varios días, mais os tempos van a ser individuais e diferentes para cada crianza). Por exemplo podemos presentar a laranxa enteira coa monda, posteriormente a laranxa pelada e a m

Nome: Facemos xugo de laranxa

Destinatarios: 18 meses en adiante.

-Obxectivos:

-Favorecer o seu desenvolvemento sensorial.

-Incentivar o gusto por colaborar e participar conxuntamente nas tarefas de alimentación.

-Adquirir destrezas manipulativas con útiles do cotiá.

– Favorecer a construción dun autoconcepto e autoestima positiva.

 

-Materiais: laranxas, espremedor, coitelo de serra e vaso.

Desenvolvemento:

Propoñerlle facer conxuntamente zume de laranxa para completar a merenda de hoxe( ben a súa como de calquera membro da familia). Presentarlle en primeiro lugar as laranxas e deixarlle que as manipule, explore, experimente con elas. Así mesmo faremos co espremedor para que coñeza como é, de que partes consta e como funciona. Tras a exploración e coñecemento dos elementos principais, respectando sempre o seu tempo,e tras o lavado de mans, partiremos as laranxas( poden axudarnos ou ben faino o adulto ao voso criterio) e serán elas as que extraian o xugo e o transvasen ao vaso.

Nome: A rica macedoniaIi

Idade: de 20 meses en adiante

-Obxectivos:

-Identificar características de cada froita e as sensacións perceptuais que xeran.

-Fomentar as habilidades motrices finas.

-Incentivar o gusto por colaborar e participar nas tarefas de alimentación.

-Favorecer a construción dun autoconcepto e autoestima positiva.

-Destinatarios: 24 meses en adiante.

-Materiais:

froitas, táboa para cortar,coitelo de serra e recipiente.

-Desenvolvemento:

Tras o lavado de mans, presentamos as diferentes froitas, nomeándoas e dicindo as características conxuntamente .Podemos propoñerlle un xogo de agrupar as que teñan a mesma forma ou a mesma cor,por tamaño,por preferencias… Posteriormente lavamos e collemos cada froita e as crianzas as pelan soas ( a banana, a mandarina) e as outras baixo o voso criterio e despois cortámolas en anacos( poden colaborar cortando ou ben colocando a froita na táboa), despois vai collendo os anacos cunha culler e colocándoos no recipiente. Pódese plantexar facer a actividade como sobremesa na hora de xantar ou ben para a merenda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *