Facemos un reloxo de area

Dende a escola infantil de Mos Porteliña enviannos unha proposta de xogo para a elaboración dun reloxo de area.

Nome: Facemos un reloxo de area

Idade recomendada: 2-3

Material:

  • 2 botellas de auga pequenas
  • Sal de mesa, se pode ser mellor fina
  • Xiz de cores
  • embude
  • tesoiras
  • cinta adhesiva

Paso a paso:

  1. Botamos o sal nun prato e a coloreamos co xiz da cor que máis non guste.
  2. Facemos un buraco nos tapóns das botellas, que sexa grande para que poida pasar o sal (por iso mellor sal fino, pero se non temos vale igual o sal groso e nun morteiro podémolo machucar. Que seguro aos nenos lle gusta).
  3. Énchese a botella coa axuda dun embude.
  4. Finalmente une as botellas con cinta adhesiva e decora o teu reloxo. Se queremos tamén podemos facerlle unha base con cartón e os nenos poden decorala.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *