Cremalleiras de cores

As cremalleras son un recurso caseiro que nos da moito xogo para preparar actividades tan sinxelas como esta, a escola infantil de Vilalba achega una proposta de xogo con elas.

Nome: Xogo con cremalleras de cores.

Idade: Esta actividade vai dirixida os nenos/as a partir dos doce meses.

Obxectivos:

  • Estimular o sentido da vista e do tacto.
  • Traballar a concentración e a relaxación.
  • Coordinación óculo-manual.
  • Coñecer novas texturas a través da manipulación.
  • Agudizar a psicomotricidade fina.
  • Potenciar a atención.
  • Fomentar o sentido da vista.

Materiais:

  • Unha base de cartón ou madeira.
  • Cremalleiras de diferentes ocres e lonxitudes.
  • Pegamento.

Elaboración:

Sobre una base de cartón ou madeira pegaremos cremelleiras vellas que teñamos e xa non fagamos uso delas. O ideal e que sexan de diferentes cores e medidas. Así cando o neno/a vaia medrando podemos traballar as cores e o concepto matemático corto-longo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *