Arquivos mensuais: Xuño 2020

Xogo de pesca

Na escola infantil de Tomiño achegannos un xogo para os máis pequenos e pequenas.

Nome: Xogo da pesca.

Idade: 2 – 3 anos.

Obxectivos:

  • Valorar a realización propia dun xogo.
  • Favorecer a concentración e a atención.
  • Desenvolver a coordinación óculo- manual.
  • Traballar a psicomotricidade fina.

Materiais:

  • Cartón, fieltro, cartolina o goma EVA.
  • Tesoiras.
  • Imán.
  • Clips ou arandelas.
  • Pistola silicona quente ou cola.
  • Pau.
  • Corda de algodón.

Descrición:

Ensinámosche como facer un divertido xogo infantil para pescar peixes dun xeito moi sinxelo que aos pequenos adoitan gustar moito; consiste en pescar peixes co imán da nosa cana. É unha manualidade moi sinxela de facer.

– Recortamos dúas siluetas iguais dos animais mariños como peixes, cabaliños de mar, polbos …e pegámolas, colocando un clip ou arandela entre unha e outra, para que o imán poida pescalo.

– Para preparar a cana de pesca; cortamos dous pequenos círculos de fieltro e colocamos o imán no medio para pegar con silicona ou cosemos, xunto coa corda para logo atar o outro extremo á punta da cana e temos o xogo listo.

O descanso na nosa escola

A escola infantil de Burela presentanos como realizan o descanso na súa escola.

O momento do descanso na nosa escola

No día a día da escola atopámonos con diferentes momentos como á hora da: acollida e recollida dos nenos e nenas, da comida,  da hixiene, do descanso;  en todos eles a premisa fundamental é o o respecto polos ritmos persoais de cada neno e nena, presentándoos de xeito  que lles permita ter iniciativa e satisfacer as súas necesidades nun ambiente de confianza e liberdade.

Centrándonos na hora do descanso na escola, hai que ter en conta o ritmo e o tempo de cada neno e nena e favorecer a súa autonomía neste momento.

Dependendo no grupo de idade, a planificación deste momento vai ser diferente, polo tanto imos presentar pautas distintas partindo do respecto á necesidade da nena/o.

  • No nivel de 0-1:

    • Vai vir marcado pola demanda da nena ou neno e adaptación da rutina a esa demanda, é decir, non podemos ter unhas normas ríxidas sobre o momento do descanso senón que temos que responder ás necesidades das nenas e nenos segundo o demostren.

    • Unha comunicación activa coas familias onde consigamos información de como, cando e canto durme na casa, como pasou a noite, se fixo sesta…que nos servirá para adaptar os horarios.

    • Neste nivel, comezaremos en berces (cada neno ou nena a súa), cas súas mantiñas e algún obxecto que lles proporcione tranquilidade. Co paso do tempo, e tendo en conta o seu proceso evolutivo (gatexan ou desprázanse sen axuda) faremos o cambio ao colchón, habilitando e adecuando o espazo para que poidan subir e baixar sen perigo ningún. É importante comentarllo ás familias o proceso que se vai levar a cabo, preferiblemente ao inicio do curso, nas entrevistas cas familias.

    • Non podemos enfocar este momento como unha batalla para conseguir durmir aos cativos, senón que debemos afrontalo con tranquiliade adaptándonos ás súas distintas necesidades empregando o tempo necesario que se precise.

  • No nivel 1-2:

    • Neste nivel temos que partir de dúas opcións:

      • Se xa estiveron o curso pasado: optaremos pola continuidade do proxecto iniciado na etapa anterior, e ir fomentando a autonomía dos cativos, sen presas e con unha comunicación activa á hora de traballar as distintas rutinas previas ao descanso.

      • Se son de novo ingreso: a parte de levar a cabo as mesmas pautas que para os nenos e nenas de renovación, tentaremos aportarlles tranquilidade, abordando este momento na aula previamente, explicarlles o que imos facer, tanto a eles como as súas familias, explicándolles como tratamos o descanso na escola.

Cabe sinalar, que neste nivel, hai momentos de descanso, non só despois de comer, senón durante a xornada. Acondicionaremos un espazo na aula para este fin que se utilizará obedecendo ás necesidades das nenos y das nenas. É importante lembrar que os equipamentos  tipo :  hamacas e Maxicoxi non son axeitadas para o descanso xa que non permiten o movemento do corpo nin o control postural do bebé.

  • No nivel 2-3:

    • Nesta etapa tamén teremos en conta se estiveron o curso pasado

    • Neste nivel, adquirirá moito peso a autonomía, favorecendo en todo momento a súa participación activa en todos os hábitos e rutinas que comezan despois do momento da comida, como o lavado de mans, o control de esfínteres, desvestirse e a colocación de súa ropa, etc.

    • Aínda que neste nivel, as sestas de media mañá van desaparecendo, tamén podería habilitarse algún recuncho na aula que favoreza á relaxación e o descanso por se o necesitaran.

Aspectos a ter en conta en todos os niveis:

  • Que o lugar habilitado sexa tranquilo e seguro, a poder ser sen moitos estímulos.

  • Propiciar un ambiente relaxado, xa sexa con música relaxante ou simplemente, falando baixiño e sen moitas alteracións externas.

  • Acompañar aos nenos e nenas neste momento coa nosa presencia, dando seguridade e afecto.

  • Fomentar a autonomía en todo o proceso.

  • Contemplar o momento da acollida despois de levantarse da sesta, como un momento cálido e afectivo, de reencontro co grupo, coa posibilidade de participar nalgunha actividade tranquila e motivadora.

Fontes de información utilizadas:

A parte de reflectir neste documento a experiencia propia da nosa escola, cito a continuación algúns documentos que pode servirvos para ampliar o voso coñecemento:

  • Revista Aula de Infantil, núm.36, marzo-abril 2007, “Acompañando a dormir”.

  • Blogue “Tecendo os fíos na rede”, “Momentos do descanso no espazo dos bebés”

https://www.escolasinfantisdegalicia.es/apoio/2018/04/18/o-momento-do-descanso-no-espazo-dos-bebes/

  • Battista Quinto Borghi (2010). Educar en el 0-3. La práctica reflexiva en lo nidi d’infanzia. Editorial Graó.



Educar sen medo

O pasado mes de febreiro na Semana da Educación organizada polo Concello de Tomiño, tivemos unha oportunidade que non podíamos deixar escapar moi preto da nosa escola. Participar na conferencia baixo o título “educar sen medo” pola experta en infancia Pepa Horno.

Unha reflexión sobre os afectos como base da crianza e o desenvolvemento. Un toque de atención sobre a necesidade de concentrar os esforzos de familias e educadores no fortalecemento emocional de nenos e nenas. Un modelo de relación coa infancia baseado no vínculo para cubrir as necesidades básicas de afecto e seguridade. Potenciando a afectividade como base da educación.

A poñente destaca tres claves para poder educar de xeito respectuoso, promovendo relacións afectivas positivas de xeito activo e consciente:

A primeira, aínda que poida parecer paradóxica, sinala o autocoidado do coidador. Coidarnos para poder educar dende un certo equilibrio emocional. Dende o convencemento de que os adultos transmitimos a educación a través das nosas vivencias, do exemplo e das relacións afectivas. Porque educamos no que estamos vivindo e non poderemos educar ben, senón estamos ben. Buscaremos a loxística para poder adicarnos un tempo. Un tempo que permita xerar as condicións persoais para axudar na relación educativa cos pequenos, xa que nos permitirá o respiro para seguir dende unha posición de máis equilibrio.

Na segunda clave convídanos a tomar conciencia de como estamos facendo as cousas. Unha mirada sen medo sobre a nosa relación cos nenos e nenas. Tomando consciencia dende a premisa de que con toda seguridade imos a equivocarnos. Reparar nas veces que puidemos facerlles dano moi o noso pesar. E dende este recoñecemento, saber perdonarnos para poder evolucionar cara a unha relación máis respectuosa e afectiva cos nenos e nenas. Implica iniciar un proceso de cuestionamento das prácticas educativas dadas, para poder comezar unha transformación dos patróns de relacións coas pequenas e pequenos.

De terceira, ofrécenos a chave da afectividade consciente. O desenvolvemento pleno dun neno ou nena so será posible se os adultos somos quen de garantir un entorno de seguridade en todos os espazos de crianza e convivencia. A define como a capacidade do adulto de xeito voluntario e sistemático de xerar un entorno protector, cálido emocionalmente e dentro del, establecer relacións afectivas positivas cos nenos e nenas. Non se trata da afectividade espontánea, senón a que se busca con consciencia, a pensada para cada momento. Os afectos débense converter na pauta cotiá na educación infantil e convídanos a trasladar a todos os momentos e relacións un entorno de seguridade a través de rutinas afectivas.

Porque non educamos no que dicimos, senón no que vivimos. Todo o que non se converte en vivencia, non chega aos cativos e cativas, comezando polo cariño. Un pequeno non se sabe querido, síntese querido. E o sinte a través dos infinitos pequenos detalles que crean un clima afectivo que respira e dende o que se desenvolve. Converter en vivencia cotiá aquilo que queremos transmitir podería ser a clave, aínda máis, neste tempos de pandemia.

Convidamos a todos os compañeiros e compañeiras da rede a afondar neste referente educativo, no convencemento da relevancia das súas achegas e no acompañamento afectivo da infancia.

Interesante:

  • Blog de Pepa Horno Goicoechea

.           http://www.pepahorno.es/

  • Vídeos sobre o vínculo afectivo de Pepa Horno

 https://www.youtube.com/watch?v=HUb4cIYhN5k

https://www.youtube.com/watch?v=rFf1Egq_EJk

Cucú-tras texturas

A escola infantil de Cangas Choupana recolle unha proposta de xogo para os nenos e nenas.

Nome: Cucú-tras con texturas

Idade: a partir dos 12 meses

Obxectivos:

  • desfrutar manipulando diferentes texturas
  • compartir un momento lúdico en familia
  • afianzar a permanencia do obxecto

Materiais:

  • un tendal sen patas, ou no seu defecto, unas cadeiras, mesa ou marco da porta onde colgar as diferentes texturas
  • papel de embalar, periódicos unidos, papel burbulla, papel hixiénico…
  • pinzas

Descripción:
Trátase de aproveitar o material que temos pola casa e crear unha proposta de actividade na que sexa a nosa filla ou fillo o que experimenta libremente e comparta coa familia un tempo de xogo.
Colgaremos os diferentes materiais de tal xeito que cheguen até o chan e a nena/o poda usalo para moverse entre eles, e xogar ao cucu-tras, esquivalos, rasgarlos, quitalos… dando renda solta a súa imaxinación. Tamén se poden colgar outros tipos de material como teas.

Cae pelotiña, cae

A Escola Infantil de Ferrol Caranza preséntanos un xogo para facer na casa coa que as nenas e nenos pasaran moitos ratiños entretidos, descubrindo o que lles pasa as pelotas cando as colocan nos vasos.
Proposta para facer na casa e pasar moitos ratiños entretidos….

Nome da actividade: Cae a pelotiña, cae


Idade recomendada: 2-3 anos


Obxectivos:

  • Potenciar a atención visual e permanencia do obxeto..
  • Estimular pensamento lóxico
  • Fomentar o acerto- error
  • Coordinación oculo-manual


Materiais:

  • 8 vasos de cartón(mínimo).
  • Tesoiras.
  • Rotulador.
  • Fixo, blutack ou cinta dobre cara.
  • Mínimo 1 pelota do tamaño de pinpon ou axeitada o tamaño dos vasos.


Desenvolvemento:
Logo de preparar os materiais marcamos un recadro nos laterais dos vasos un pouco maiores do tamaño da pelota. A posteriori, recortamos os vasos.


Unha vez rematemos colocaremos os vasos nunha superficie vertical colocándoos de xeito que vaian formando unha escaleira para tentar que a pelota vaia caendo por todos os vasos ata chegar o último…. (paredes, fiestras, un cartón……


Todo un reto!………. Sinxelo? non tanto… Probadeo e xa veredes.

Os beneficios da natureza no 0-3

A Escola Infantil de Sada achéganos a continuación á súa reflexión sobre os beneficios da natureza nestas primeiras idades.

Nos últimos anos, está a crecer un movemento destinado a reconectar aos nenos co mundo natural. Os expertos predín que a boa saúde será un gran motivador para traer ás familias de volta á natureza.

Recentemente, Richard Louv, dicía que a relación dos cativos coa natureza é decisiva para a súa formación e ofrece moitos beneficios psicolóxicos e físicos. Non se trata de batallar outro tipo de actividades, senón de darlle máis peso. Por iso resulta fundamental a sensibilización cara á natureza, que se alimenta do contacto con ela a través do xogo e a aprendizaxe lúdica.

Segundo varios autores, son varios os beneficios que provoca o feito de estar expostos en ambientes naturais. Por unha banda, promove o desenvolvemento sensorio-motor, o movemento, o xogo espontáneo e creativo e a sociabilidade. Potencia os procesos de aprendizaxe: a atención, un mecanismo esencial para a aprendizaxe dos nenos que senten unha curiosidade innata por explorar o mundo. E doutra banda tamén favorece o desenvolvemento e a coordinación entre os sistemas nervioso, inmunitario e endocrino, mellorando así a resistencia contra enfermidades. A natureza ofrece unha rica variedade de experiencias sensoriais e canto máis exerciten o movemento e os sentidos nas primeiras idades, mellores habilidades cognitivas desenvolverán despois.

Caerse, levantarse, exercitar os músculos e os sentidos, coller insectos, plantar sementes son estímulos para o cerebro e tamén para as emocións. Cheirar unha flor ou contemplar un campo de mapoulas provoca ao neno sensacións que, á súa vez, suscitan emocións, e esas emocións son importantes para construír o coñecemento, porque o que aprendemos vinculado a emocións grávase máis facilmente na nosa memoria e é máis difícil de esquecer.

Ao longo do tempo, pedagoxías moi diferentes entre elas, tiveron algo en común fomentar un maior contacto coa natureza. Pestalozzi, empregaba a observación directa do medio ambiente para comprender feitos e fenómenos existentes e María Montessori, por exemplo, non ignoraba que “a mellor educación realízase en contacto co mundo natural”.

Resulta interesante saber que isto xa se pensaba fai tres séculos, o que dá aínda máis consistencia ao que moitos pensamos e mostramos aos nosos nenos e nenas. En realidade, son obviedadess que xa eran coñecidas, nada de modas pasaxeiras.

Quizais os pais e nais tamén son decisivos nese contacto coa natureza, non só polos valores que poden transmitir desde casa senón porque poden administrar o tempo e a calidade do lecer. As actividades na natureza que permiten aos nenos tocar e expresar a súa inclinación innata cara a ela, son tamén positivas para os adultos.

A paisaxe e a natureza da nosa comunidade é unha paradigma de expresividade e de cor. Resulta admirable non só no seu conxunto senón tamén en cada un dos seus recunchos. A natureza envólvenos en todas partes, mesmo na cidade. Aproveitemos este privilexio!

A importancia do conto na escola

Reflexión que nos aporta a Escola Infantil de Ortigueira sobre a Importancia do conto na escola

Os contos son relatos ou narracións ficticias ou reais, cun argumento fácil de entender sendo o seu obxectivo FORMATIVO ou LÚDICO… E poderíase engadir tamén a esta definición… material indispensable na escola infantil e nas casas.

Os contos xogan un papel importante e fundamental no crecemento e desenvolvemento dos nenos e das nenas. Son unha boa forma de que os cativos coñezan novo vocabulario, para os máis pequenos unha boa opción son os contos ilustrados.

Os debuxos, que son estímulos visuales, as cores ou simplemente pasar as follas do conto, son suficiente estímulo para centrar a súa atención e interés ademais de fomentar a súa creatividade, imaxinación, etc…

Na escola botamos man dos contos para falar sobre as rutinas do día a día: cepillar os dentes, ordenar, preparar alimentos, control de esfínteres, etc…Tamén para ensinarlles a compartir, a empatizar cós demáis, aprender a sobrelevar os medos,…

Na casa temos a costume de ler un conto ós nosos pequenos antes de durmir, esta práctica é unha boa forma de favorecer a relaxación, xa que facilita que os nenos e nenas esquezan o axetreo do día e se sumerxan no mundo da fantasía e das emocións.

Moitos cativos piden o mesmo conto todos os días, isto é porque coa familiaridade da historia, a rima e a repetición, o relato reláxaos dándolles sensación de seguridade.

  • Na escola temos a nosa colección de contos tanto para bebés coma para os máis maiores. Todas as semanas ou cada quince días imos á biblioteca na procura de novas historias…

  • Organizamos contacontos, encántalles, os nenos e nenas están moi atentos case sen pestanexar.

  • Moitas veces pedimos a colaboración e participación das familias, pais, nais, avós, tíos…, para contar algún conto compartindo emocións e tempos cos nenos na escola.

  • Nunca deixemos de contarlles contos, fagamos voar a súa imaxinación.

 

Biscoito de cenoura

A escola infantil de Cerdedo-Cotobade-Cerdedo acheganos a receita dun biscoito ben rico de cenoura.

Nome: Biscoito caseiro de cenoria

Idade á que vai dirixida: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Propiciar a manipulación de diferentes texturas
  • Implicar ás nenas e nenos nas actividades do cotiá
  • Compartir e colaborar en familia nun momento lúdico
  • Observar as alteracións dos productos que se producen durante a elaboración.
  • Potenciar o desenvolvemento da motricidade fina.

Materiais:

  • 1 cullerada de manteiga
  • 2 vasos de azucre
  • 2 vasos fariña de trigo
  • 1 vaso aceite de xirasol
  • 1 sobre de levadura
  • 4 cenorias raiadas
  • 3-4 ovos
  • Un molde, un bol e batedor

Descrición:

Mezclamos nun bol os ovos co azúcar.
Agregamos a cenoria rallada de forma fina. Añadimos o aceite e mezclamos ben.
Añadimos a fariña tamizada e a levadura en polvo e mezclamos ben.


Deixamos reposar uns minutos.
Engrasamos e enfariñamos un molde ou poñemoslle papel vexetal.
Vertemos a mezcla no molde.
Cociñamos no forno a fogo medio ata que ao pinchalo non manche (40-50 minutos a 170º)

Arte con pedras

Unha proposta da escola de Chantada con pedras recollidas nos paseos polo campo.

Nome: Arte con pedras

Idade: 2 a 3 anos

Obxectivos:

  • Fomentar a interacción do neno coa natureza.
  • Adquirir conceptos matemáticos mediante a clasificación de elementos naturais: por tamaño (grande ou pequeno), por formas (redondo, alargado…), etc.
  • Mellorar a psicomotricidade fina.
  • Estimular a coordinación óculo-manual.
  • Fomentar a imaxinación, a creatividade e a expresión artística.
  • Gozar coa elaboración das propias “obras de arte” en familia.

Materiais:

  • Pedras (cantos rodados).
  • Pinturas en spray de base acuosa.
  • Colorante alimentario.
  • Crema líquida para calzado.

Descrición:
Agora que xa podemos saír, aproveitamos un paseo a carón dun río, regato ou praia para recoller cantos rodados.
Na casa podemos clasificalos por tamaños (grande-pequeno), por formas (redondo, alargado…), etc.
Logo, pintamos as pedriñas experimentando con diversos materiais: colorante alimentario, crema líquida para calzado e pinturas en spray de base acuosa (idóneas para nenos/as porque non son tóxicas e secan rápido).

 

 

 

 

 

Finalmente, creamos as nosas “obras de arte” con elas: flores, pés… e expoñémolas. Somos uns/unhas auténticos/as artistas!

Xogamos coa cor

A escola infantil de Mos Porteliña acheganos unha actividade moi interesante que permite experimentar, observar e vivir a luz e a cor a través do xogo co corpo.

Nome: Xogamos coa cor.

Idade: a partir dos 6 meses

Obxectivos:

  • Fomentar a exploración sensorial da pequena e pequeno
  • Levar a cabo a exploración da contorna
  • Compartir experiencias e establecer vínculos afectivos
  • Exercitar e estimular a capacidade visual da nena e neno.
  • Omentar a exploración sensorial da pequena e pequeno
  • Levar a cabo a exploración da contorna
  • Compartir experiencias e establecer vínculos afectivos
  • Exercitar e estimular a capacidade visual da nena e neno.

Actividade 1:
Poñemos nos cristais das fiestras uns papeis de celofán (por exemplo: de cor amarela, vermella e verde) para dar a transparencia das cores.
Sentamos no chan coa cativa e cativa e, aproveitando a luz natural que entra pola ventá, fixarémonos nas cores que se ven no chan. Facemos que a cativa e cativo se decate da cor que se reflicte no chan.
Despois de varios días co celofán na ventá poñemos follas secas pegadas nos cristais enriba do papel celofán. Observamos as formas, as sombras, as trasparencias e as siluetas opacas que se forman.
Facemos que as nenas e nenos se decaten do que acontece coa luz, por exemplo:
Hai cores no chan?
Que pasa se poñemos a man ou o pè enriba?
Que pasa se miramos a través dos cristais?


Actividade 2:
Elaboramos móviles con diferentes elementos que colgaremos nas fiestras.
Observamos coas nenas e nenos o efecto que a luz produce sobre eles.