Xoguete de arrastre

Achega da Escola Infantil de Porto do Son para os pequenos e pequenas.

Nome: Xoguete de arrastre

Idade: 0-1 e 1-2 anos

Obxectivos:

  1. Favorecer a estimulación motora e visual.
  2. Adquirir o control dinámico do seu corpo mantendo o equilibrio necesario entre a seguridade e o desafío na exploración e no descubrimento.
  3. Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no seu contorno.
  4. Fomentar a coordinación óculo-manual.
  5. Establecer relación causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións nos obxectos do seu contorno.
  6. Resolver situacións problemáticas con obxectos, ensaiando diferentes estratexias de resolución.

Materiais:

  1. Dúas botellas de plástico.

  2. Tesoiras ou cúter.

  3. Cinta adhesiva.

  4. DescriciónPegamento ou silicona

  5. Cartolinas, cordóns, goma eva,…

Descrición:

1.Cortamos a botella en 2 partes (zona da base e da boca da botella) e desfacémonos do “centro da botella”.

 

2. Unimos ambas ata que encaixe unha coa outra e aplicamos o pegamento ou silicona nos bordes para que unha vez se unan, queden seladas.

  1. Tapamos a unión ben cunha tea, un cordón, cartolina, goma eva,…

  2. Facemos o mesmo con outra botella. Unha vez teñamos 2 pezas, unímolas con pegamento ou silicona pola zona do tapón. Esta unión reforzámola con cinta adhesiva para que quede máis segura.



E, velaquí o noso arrastre!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *