Serpe de cores

Dende a escola infantil de Pontevedra A Parda fan unha proposta de manualidade para facer cos pequenos e pequenas.

Nome: Serpe de cores

Idade: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Desenvolver a motricidade grosa e exploración do espazo.
  • Manipular e descubrir os obxectos e as súas posibilidades.

Materiais:

  • Varios tubos de cartón (papel hixiénico ou de cociña)
  • Pinturas, pinceis ou esponxa
  • Cinta ou corda larga
  • Dúas pelotas

Descrición da actividade:

  • Pintamos os tubos de cartón. Podemos usar pinceis, esponxas ou os dedos da man.
  • Facemos un burato a cada lado das pelotas para poder pasar unha corda por eles.
  • Cos tubos xa secos, pasamos unha corda por cada un deles, rematamos cunha pelota en cada extremo. Nunha delas pintamos a cara da serpe.
  • Hai que deixar un pouco de corda para poder tirar dela.

Aos nenos e nenas destas idades encántalles camiñar arrastrando un xoguete.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *