Prismáticos de cores

A escola infantil de Melide acheganos unha manualidade para facer uns prismáticos cos que xogar.

Nome: Prismáticos de cores

Idade: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Explorar materiais e obxectos a través dos sentido da vista
  • Experimentar sobre o medio natural
  • Fomentar a capacidade na elaboración de materiais propios

Materiais:

  • Tubos de papel hixiénico
  • Papel celofán
  • Goma elástica/pegamento
  • Lanterna

Descrición: para facer estes divertidos prismáticos debemos poñer nos estremos de dous tubos de papel hixiénico un anaco de papel de celofán da cor que desexemos, así os nosos pequenos poderán pasalo moi ben vendo por estes prismáticos un mundo cheo de cor.

Se queremos personalizar os prismáticos podemos unir os dous tubos de papel hixiénico con unha goma ou pegalos; así como engadir no extremo oposto ao celofán un lazo, facendo dous buratos pequenos e atándoo, para que así os poidan colgar do pescozo e poder explorar o mundo que os rodea.

 

O outro uso que lles podemos dar a estes prismáticos é, facer mestura de cores nunha habitación escura, só precisamos meter unha lanterna dentro dos tubos do prismático e a probar o experimento de cores con luz!!. Podemos proxectar a luz contra unha parede ou cartolina branca.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *