Os maios

Desde a Escola Infantil de Fene Perlio convídannos a realizar unha proposta en familia para festexar Os Maios sendo unha festa de culto ancestral á natureza, de festexo ás primeiras colleitas, de agradecemento á primavera pola súa renovadora forza, que fai brotar as sementes e inunda todo de fermosas cores que as nenas e nenos tanto lles gusta observar e coidar. Tal e como dí Vicente Risco “A Festa dos maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do horizonte e coller altura e forza.”

Para elo nos van a explicar cómo o podemos facer, vos animades?

Nome: Os Maios

Idade á que vai dirixida: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Observar a contorna e os cambios que nela produce a primavera.
  • Descubrir atraveso dos sentidos as texturas e arrecendos de flores, froitas, verde,…
  • Gozar coa experimentación e creación dunha obra de arte natural
  • Coñecer e participar en costumes, tradicións e festexos da cultura galega
  • Compartir toda a comunidade educativa as fotos dos nosos maios e facer unha artistada para gozar xuntas/os.

Materiais:

En función do que teñades por casa, pensade nunha estructura; plana (cartón ou tea co debuxo do maio, silueta pintada no chan,… ) ou con volume (varias caixas facendo unha torre, a típica estrutura piramidal con paos,…).

Para decorar aproveitade a recolectar algunha flor e verde (se tedes opción de recolleita nunha zona non transitada e segura), flores con papeis de cores, ovos baleiros, grilandas con limóns e laranxas, grilandas de lá, follas de cartolina,… sacade a imaxinación que levades dentro!

Desenvolvemento:

Aproveitade os paseos cos nenos para observar e comentar sobre os cambios que vemos na natureza; se é posíble e seguro, recollede flores e verde.

Plantexádelle actividades en función dos materiais que decidírades para confeccionar o maio; pintar o fondo do maio de cartón ou as caixas, facer as flores de papel, as grilandas,…

Montade o maio cos meniños de protagonistas sendo vós as/os facilitadoras/es e gozade da vosa creación!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *