Facemos pequenos roscos doces?

A escola infantil de Carballo As Landras comparte esta proposta para mergullarnos na fariña facendo uns pequenos roscos. Tocando, amasando, remexendo, ulindo os cativos experimentarán múltiples sensacións… Deixémolas levedar


Nome: ¿Facemos pequenos roscos doces?

Idade: 2-3 anos

Obxectivos:

  • Estimular o interese pola elaboración de sobremesas.
  • Desenvolver procesos lóxicos (asociación, clasificación…)
  • Promover o aseo, hixiene e hábitos de alimentación.
  • Expresar a súa creatividade.
  • Divertirse.


Ingredientes:

  • 500 g, fariña de trigo ( ou catro cuncas)
  • 70 g, azucre ( ½ cunca)
  • 50g, de manteiga a temperatura ambiente.
  • 25g de fermento fresco (ou 10 g de lfermento seco)
  • 150 ml de leite.
  • 100ml auga
  • 1 cullerada de esencia de vainilla.
  • 1 ovo.
  • 4g sal
  • aceite para fritir.


Para o glaseado :

  • 125g de azucre glass
  • 3 culleradas de auga.
  • ½ cullerada de zume limón.

Preparación:

1. Preparación de ingredientes.

2. Incorporamos nun cunco a auga, leite e fermento desmenuzado e removemos.


3. Facemos a masa, en outro cuenco, poñemos fariña, azucre e sal, e removemos.

4, Facemos un volcán e incorporamos a leite co fermento, a manteiga a vainilla e o ovo. Mesturamos.

Cando non sexa posible traballar coa espátula, incorporamos a masa non mesado e comezamos a amasar.

5. Nun principio a masa e moi pegañenta pero darémoslle amasado sobre 15 minutos.

6. Despois dun intre xa é mais agradable o amasado e os cativos animanse a continuar amasando.

 

7. Facemos unha bolita e deixámola reposar nun cuenco que previamente untamos de aceite de oliva.

8. Logo tapamos con papel film ou pano de cociña e agardamos a que levede, unha horiña mais ou menos.Listo.

9. Comezamos estirando a masa (como non tiñamos rodete axudámosnos dunha botella)

10. Logo coa axuda dun vaso facemos os redondos, e o redondo pequeno cunha botella.


11. Poñémolos nunha bandexa, teñen que reposar de novo media hora. Tapadiño cun pano.
12. Fritimos e a continuación o glaseado.


13. Para facer o glaseado :

Nun conco incorporar o azucre glass con duas ou tres culleradas de auga e o zume de medio limón, remover e listo. Cun pincel cubrimos unha parte e deixamos secar.

15. Deliciosos os roscos pequenos doces!!! A que vos lembran? Empeza por D—-T

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *