Facemos burbullas

Dende a escola infantil de Meira envianos unha proposta de xogo para o sopro.

Nome: Burbullas de cores

Idade: 1 a 3 anos

Obxectivos:

  • Mellorar as capacidades sensoriais do neno/a.
  • Traballar a psicomotricidade fina.
  • Potenciar o desenvolvemento cognitivo a través dunha boa educación sensorial.
  • Aprender e mellorar a respiración para a fala.
  • Mellorar a tonicidade labial.
  • Potenciar a respiración nasal.

Materiais:

  • Palliñas de cores.
  • Un recipiente plástico.
  • Pintura (opcional)
  • Auga.
  • Xabón.

Desenvolvemento:

En primeiro lugar facemos a mestura de xabón e auga (se temos pintura tamén a incorporamos neste momento). Poñemos a mestura no recipiente. Damos as palliñas e a soprar…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *