Dominó de cores

A escola infantil de Pantón acheganos a proposta dunha manualidade par un xogo.

Nome da actividade: Dominó de cores

Idade: 2 a 3 anos

Obxectivos:

  • Fomentar a participación nun xogo.
  • Utilizar o xogo para iniciarse na aprendizaxe das cores.
  • Favorecer a coordinación óculo-manual.
  • Desenvolver un razoamento óxico.
  • Potenciar a concentración nunha actividade.

Descrición: Necesitaremos os seguintes materiais: cartóns ou cartolinas, tesoiras, rotuladores de cores.

 

 

 

 

 

Dunha forma moi sinxela, elaboraremos un dominó de cores para que os nenos/as xoguen a ir unindo os puntos que son da mesma cor dunha maneira similar a este coñecido xogo.

Primeiro debuxaremos no cartón uns rectángulos, que recortaremos e diviremos á metade marcando co rotulador. Logo debuxaremos en cada metade un círculo que iremos pintando de distintas cores. E xa temos listo o noso dominó de cores!!

Para xogar, repartiremos as pezas entre os xogadores e un deles comezará poñendo unha peza enriba da mesa. O seguinte xogador terá que xuntar unha das súas pezas que teña un punto da mesma cor que a peza posta polo anterior xogador, e así ata rematar todas as pezas que temos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *