Como me sinto

Dende a escola infantil de Ourense Barrocás fan a proposta dun xogo para traballar as emocións.

A proposta que traemos a continuación quere reflexar a importancia que teñen as emocións nos máis pequenos e pequenas. As emocións son o compoñente máis humano das persoas, o que nos fai diferentes ao resto dos animais. A nosa capacidade para sentir fai que aprendamos das nosas experiencias e as vivamos reaccionando dun xeito ou outro.

Nome: Como me sinto

Idade: 2-3 anos

Obxectivos:

  • Recoñecer as diferentes emocións que se mostran e representalas.
  • Favorecer a motricidade fina.
  • Identificar as emocións nos demais.

Materiais:

  • 1 trozo de cartón.
  • 1 botella de auga e 5 tapóns.
  • Rotulador permanente.
  • Ceras de cores.
  • Silicona.

Descrición:
Para a elaboración desta proposta temos que facer un debuxo dunha nena ou neno no cartón. Despois recortamos a parte superior dunha botella de auga deixando un trozo para poder pegalo ao debuxo.
Recolectamos tantas tapas de botellas como emocións queremos traballar e debuxámolas.
Mostrámoslle o material ao neno ou nena para que escolla unha emoción e a enrrosque no debuxo, pedímoslle que a represente, e segundo a súa capacidade que nos conte como se sinte. Axudándolle nós, poñéndolle exemplos das emocións.

A continuación mostramos un exemplo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *