Animais divertidos

Achegamos dúas proposta para facer na casa cos máis pequenos e pequenas da escola infantil de Muxía.

Nome: Facemos unha curuxa con caixas de ovos de cartón

Idade: a partir de 2 anos

Obxectivos:

  • Desfrutar e colaborar en familia
  • Observar a descubrir sensacións diversas a través da manipulación
  • Potenciar a imaxinación e a creatividade
  • Favorecer o desenvolvemento da psicomotricidade fina

Materiais:

  • Caixas de ovos de cartón
  • Plumas de cores
  • Pinturas (laranxa, amarela, marrón…)
  • Cartolina ou folios brancos e negros para facer os ollos
  • Pagamentos e tesoiras

Descrición da actividade:

Para comezar, coa axuda das nosas familias, recortar a caixa de ovos de cartón de modo que queden só dous ocos e unha das puntas ao medio, que serán os ollos e o pico da curuxa. A continuación, pintamos todo da color que preferiamos e a punta da nariz podemos pintala de cor laranxa. Logo dende a parte de atrás da caixa de ovos de cartón, pegamos as plumas de cores e xa para acabar, pegamos os ollos que realizamos coa cartolina ou folios.

Nome: Animais nun prato

Idade: a partir de 1 ano

Obxectivos:

  • Coñecer os diferentes tipos de animais
  • Identificar os diferentes sons que teñen os animais
  • Coñecer os tipos de alimentos dos animais e a súa orixe
  • Desfrutar e colaborar en familia.
  • Fomentar a súa imaxinación e creatividade.

Materiais:

  • Pratos de plástico ou cartón
  • Ollos móbiles
  • Pinturas de cores (ceras, rotuladores, etc)
  • Pintura de dedos
  • Pegamento, tesoiras
  • Pinceis
  • Cartolina
  • Algodóns

Descrición da actividade:

O primeiro que faremos e colorear completamente o prato da cor que queiramos, xa sexa con pintura de dedos ou diferentes pinturas de cores, a continuación, cando decidamos o animal a elaborar, utilizaremos os distintos materiais dos que dispoñamos, colocamos algodón, colocamos plumas, os ollos, as patas….

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *