Reciclando plantamos sementes

A Escola Infantil de Fene Barallobre proponnos facer un recanto da natureza mediante envases reciclados plantando distintas sementes.

Nome: Reciclando plantamos sementes

Idade: 1-3 anos

Obxectivos:

  • Familiarizarse coa técnicas de reciclaxe e reutilización
  • Iniciarse en actividades medioambientais que fomentan o concepto de autoabastecemento
  • Favorecer a motricidade fina e a precisión de movementos a través dos trasvases de terra
  • Observar directamente o proceso de crecemento dun ser vivo

Recursos:

Materiais: vasos de iogurt ou outro contedor reciclado, pá, culler, material plástico diverso para a libre decoración…
Naturais: terra, fabas ou calquer outra semente a plantar.


Desenvolvemento:

Esta proposta de actividade favorece nas cativas e nos cativos os valores de reciclaxe, reutilizacion e de interiorización e respecto ao medio ambiente.
Para levala a cabo, reutilizamos uns cantos vasos de iogurt, aos que faremos tres buratos na súa parte posterior e os poderemos decorar libremente.

 

Logo o neno coa axuda dunha pá ou dunha culler, chea de terra os vasiños. Introduce a semente, neste caso a faba, e volve a botar terra por enriba. A posteriori, rega con auga os vasiños de iogurt. O proceso de regadío será a diario, en nada xa veredes como vai ir medrando.

 

6 reflexións sobre “Reciclando plantamos sementes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará