Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

No día de hoxe no que se conmemora o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, queremos aproveitar a oportunidade que nos brinda esta ventaniña do blog para en conxunto trasladar unha mensaxe de positividade, visibilidade, sensibilización e concienciación social sobre as nenas e nenos con autismo e as súas familias.

No libro “El niño pequeño con autismo” unha familia compartía: “comecei a sentir que alguén me cortara o fío telefónico que antes me comunicaba co meu fillo, chamaba unha e outra vez pero era como se non tivera liña”. “Parece non inmutarse ante un ruído estrondoso, nin se xira a mirar, nin dirixe a súa mirada cara a el”.

Aínda que en ocasións sintamos que algo se nos escapa, e por máis que tiremos do fío pensemos que o fio está roto… isto non é así, hai moitos “fíos” que están aí dos que podemos seguir tirando: o fío do acompañamento, da comprensión, da busca de estar co outro, do entendemento, do respecto, da equidade,…

Non esquecemos que este é un día sinalado pero que todos os días son días para o respecto e a atención de toda diversidade.
O noso recoñecemento para todas e todos os que tirades deste fío.

Neste eido, vos achegamos enlace a unha breve e emotiva curtametraxe, nomeadaMi hermanito de la luna”.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *