BENVIDA

Ola a todas e a todos

Queremos trasladarvos a nosa benvida a toda a comunidade educativa a este blog no que atoparedes recursos, ideas, experiencias e reflexións co obxecto de axudarvos a levar mellor estes días na casa coas vosas pequenas e pequenos e coas vosas familias.

Antes de nada, dar as grazas por toda a vosa implicación e participación activa no día a día, que permite a construción dunha escola pensada por e para as nenas e nenos.

O noso obxectivo é acompañarvos e compartir experiencias, xogando xuntos, aprendendo a facer escola e educando en valores.

Contra o illamento nas nosas casas, tendamos pontes a través deste espazo. As distintas entradas e artigos irán dirixidas ás nenas e aos nenos, ás familias, así como ao conxunto do persoal das escolas a través de tres categorías diferentes: (*ver nota abaixo)

  1. Recursos para as nenas e os nenos
  2. Acompañamento ás familias
  3. Compartindo estratexias cos equipos

Agardamos que sexa do voso agrado, seguimos entre todos facendo escola.

Moitísimas gracias e moito ánimo e saúde.

NOTA *(As pestanas coas tres categorias mencionadas, atoparédelas á dereita do blog, e teredes tamén unha entrada ao canal de youtube creado especialmente para este blog de “A Escola Infantil na casa”)

15 reflexións sobre “BENVIDA

  1. Carlos

    Grazas pola iniciativa, os pequenos da casa tamén teñen que ter as súas tarefas diarias, se non desmotívanse. Esperemos recibir moitas ideas para que aprendan e se entreteñan.

    Responder
  2. Cris

    Moitísimas gracias por mandar iniciativas para os máis peques da casa, votámosvos moito en falta, sodes uns/ unhas educadores/as xeniais, espero que empecen a valorar máis o voso traballo.

    Escola infantil A Sardiñeira( A Coruña)

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *