Artigo destacado

“Hacer de padres y madres 24 horas al día” con Vicenç Arnáiz

Achegamos unha nova píldora de Vicenç  Arnáiz titulada: ” Hacer de padres y madres 24h al día “.  Nesta ocasión Vicenç reflexiona sobre os beneficios da contínua colaboración e retroalimentación  familia- escola, nun proceso  constante de intercambio e aprendizaxe conxunto. Durante este período de confinamento as nais e pais estades  a facer  un gran esforzo para organizar o día a día  dos pequenos e pequenas,  e estades amosando unha gran creatividade, forza e solidaridade. Moitas grazas familias!!

Agradecer tamén aos e ás profesionais que estades ao carón dos nenos e nenas e das familias aportando as vosas propostas, reflexións e apoio afectivo !!

Artigo destacado

“En 21 días se crea un hábito” con Vicenç Arnáiz

Hoxe presentamos unha nova píldora titulada: ” En 21 días se crea un hábito”. A través desta pequena videoconferencia Vicenç Arnáiz aborda aspectos moi interesantes sobre a formación de hábitos, aportándonos algunhas orientacións sobre como crear estes hábitos nas nenas e nenos máis pequeniños e cales son os máis importantes para desenvolver nestes momentos tan especiais que estamos vivindo.

Artigo destacado

Reflexións con Vicenç Arnáiz (I)

Hoxe presentamos unha nova píldora titulada: “El cerebro de los niños durante el confinamiento”.

A través  desta pequena videoconferencia Vicenç axúdanos a entender un pouco mellor como funciona o cerebro das pequenas e pequenos ante a situación de confinamento e de alarma que estamos a vivir. No transcurso do seu relato vainos aportando diversas estratexias para comprender, acompañar e canalizar de forma axeitada os distintos medos, ansiedades e necesidades que as nenas e nenos viven no seu día a día durante esta etapa.

Familias e profesionais convidámosvos a escoitar….

Artigo destacado

BENVIDA

Ola a todas e a todos

Queremos trasladarvos a nosa benvida a toda a comunidade educativa a este blog no que atoparedes recursos, ideas, experiencias e reflexións co obxecto de axudarvos a levar mellor estes días na casa coas vosas pequenas e pequenos e coas vosas familias.

Antes de nada, dar as grazas por toda a vosa implicación e participación activa no día a día, que permite a construción dunha escola pensada por e para as nenas e nenos.

O noso obxectivo é acompañarvos e compartir experiencias, xogando xuntos, aprendendo a facer escola e educando en valores.

Contra o illamento nas nosas casas, tendamos pontes a través deste espazo. As distintas entradas e artigos irán dirixidas ás nenas e aos nenos, ás familias, así como ao conxunto do persoal das escolas a través de tres categorías diferentes: (*ver nota abaixo)

  1. Recursos para as nenas e os nenos
  2. Acompañamento ás familias
  3. Compartindo estratexias cos equipos

Agardamos que sexa do voso agrado, seguimos entre todos facendo escola.

Moitísimas gracias e moito ánimo e saúde.

NOTA *(As pestanas coas tres categorias mencionadas, atoparédelas á dereita do blog, e teredes tamén unha entrada ao canal de youtube creado especialmente para este blog de “A Escola Infantil na casa”)

Artigo destacado

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

No día de hoxe no que se conmemora o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, queremos aproveitar a oportunidade que nos brinda esta ventaniña do blog para en conxunto trasladar unha mensaxe de positividade, visibilidade, sensibilización e concienciación social sobre as nenas e nenos con autismo e as súas familias.

No libro “El niño pequeño con autismo” unha familia compartía: “comecei a sentir que alguén me cortara o fío telefónico que antes me comunicaba co meu fillo, chamaba unha e outra vez pero era como se non tivera liña”. “Parece non inmutarse ante un ruído estrondoso, nin se xira a mirar, nin dirixe a súa mirada cara a el”.

Aínda que en ocasións sintamos que algo se nos escapa, e por máis que tiremos do fío pensemos que o fio está roto… isto non é así, hai moitos “fíos” que están aí dos que podemos seguir tirando: o fío do acompañamento, da comprensión, da busca de estar co outro, do entendemento, do respecto, da equidade,…

Non esquecemos que este é un día sinalado pero que todos os días son días para o respecto e a atención de toda diversidade.
O noso recoñecemento para todas e todos os que tirades deste fío.

Neste eido, vos achegamos enlace a unha breve e emotiva curtametraxe, nomeadaMi hermanito de la luna”.

 

 

Artigo destacado

Benvida Canal Youtube. A escola na casa

Acompañando e presentando este blog, colgarase un primeiro vídeo realizado polos equipos da escola e o centro de día do Centro Interxeracional de Ourense.

Nestes días de fonda inquedanza todos sabemos que os nosos queridos maiores son os que máis están a sufrir. Por iso, desde o Centro Interxeracional de Ourense, no que se xuntan os dúas etapas vitais tan distantes e tan próximas, queremos darvos a nosa benvida a este blog. Coma unha homenaxe aos avós, eses que o deron todo por nós, polos seus fillos e netos.

En agradecemento a tanto esforzo, sabedoría, xenerosidade, inauguramos esta canle con este vídeo realizado entre o persoal da escola infantil e do centro de día Interxeracional de Ourense, brindando porque chegue o momento de voltar a abrazarnos e a compartir experiencias entre nenos e avó.

 

 

Galletas sen glute

Proposta que nos achega a Escola Infantil de Camariñas

Nome: Galletas sen glute

Esta actividade vai dirixida para nenos e nenas de 2-3 ano no que se poñen en xogo moitas das capacidades e habilidades que estimulamos na escola. Lembrade que o importante é o proceso de facer algo en familia, ter un proxecto compartido, non tanto o resultado… aínda que neste caso o resultado é delicioso!

Idade 2-3: anos

Obxectivos:

  • Participar no proceso de elaboración de organización e elaboración e disfrutar con el.

  • Identificar diferentes figuras que elaboraremos coa masa.

  • Desenvolver a súa propia autonomía.

  • Gozar coa manipulación da masa realizada.

  • Aprender a compartir experiencias e cooperar cos demais.

Ingredientes:

  • 125 gr de maicena

  • 100 gr de manteiga

  • 50 gr améndoa moída

  • 40 gr azucre

  • 1 cullerada de aroma de vainilla

  • 1 ovo

Preparación:

1º Bater o ovo nun recipiente, engadir a manteiga e o azucre. Bater cunhas bariñasas eléctricas. Ten que quedar unha masa líquida e homoxénea.

2º Unha vez lista, engade a maicena, fariña de améndoa, volve a bater e verás que pouco a pouco vaise formar unha masa espesa. Unha vez que xa teñamos a masa espesa, seguimos amasándoa coas mans engadíndolle fariña para que non se pegue.

3º Engadimos fariña sobre unha superficie plana e limpa e poñemos aí a masa onde co rodelo, teredes que estirala ata conseguir o grosor desexado.

4º Unha vez teñamos a masa preparada, utiliza os moldes para darlle forma as galletas e cortalas. A medida que se vaian sacando colocaranse nunha bandexa do forno cuberta con papel vexetal.

5º Unha vez rematado, so queda metelas no forno, enfornalas sobre 15 minutos a 180º aproximadamente e listas para comer!!!

Unha vez feitas, podedes engadir fondant de cores, chocolate branco ou negro, vainilla, … Daralle un toque decorativo as galletas ó cal os cativos pequenos e non tan pequenos non se resistirán.



Libro das palabras fermosas

A escola infantil de Porto do Son acheganos unha proposta da creación dun libro.

Nome: Libro das palabras fermosas

Idade: 0-3 (todas as familias da escola)

Obxectivos:

  • Apreciar as celebracións comunitarias importantes para as persoas valorándoas como actividades que constrúen a vida en sociedade.
  • Apreciar o Día das Letras Galegas como un festexo propio da cultura galega.
  • Establecer relacións de afecto, colaboración e pertenza entre familia e escola.
  • Empregar a linguaxe plástica identificándoa como un medio de expresión de sentimentos e desexos e de representación da realidade.
  • Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no contorno.
  • Sentir o feito musical identificándoo como manifestación cultural.

Materiais: todos aqueles que se lle ocorran ás familias para empregar nas súas composicións plásticas.

Descrición:

Esta días estamos a celebrar as Letras Galegas e dende a Escola Infantil de Porto do Son propoñémoslle unha actividade ás familias para festexar as nosas letras dende  na distancia.

Trátase de elaborar entre todas o “Libro das palabras fermosas”. Como ben sabemos, a lingua galega está repletiña de palabras fermosas polo que cada familia ten que pensar nunha e representala a través dunha composición plástica e artística ao seu gusto. Dende a escola indicámoslle que teñen que representar a palabra nunha cartolina tamaño folio e en sentido horizontal para cando voltemos á escola, montar o libro con todas as propostas e gardalo como un recurso educativo valioso para as nenas e nenos. Algunhas ideas que propuxemos son: o emprego de diversidade de material para decorar os seus debuxos, a realización de colaxes con fotos propias ou recortes de revista,… Animámolos a que fagan ditas composicións xunto coas súas nenas e nenos, que lles deixen elexir a palabra na medida do posible, os materiais a empregar, a manipulación dos mesmos, e a realización conxunta.

Como aínda estamos na distancia, pedímoslle a cada familia que nos envíe unha foto por correo electrónico da súa obra de arte xunto coa nena e neno ou con eles memos tamén, ou da composición simplemente.

 

 

 

 

 

Con todas as fotos recibidas xunto coas de todo o persoal do equipo da escola (o cal realiza tamén a súa composición) farémoslle unha sorpresiña para enviar o propio Día das Letras Galegas: unha presentación con música galega de fondo para ver todas e todos as obras dos demais, manternos unidos igualmente na distancia; e ver o resultado do traballo en equipo realizado!

“Los niños no piden mucho”

A Escola Infantil Caeiro apórtanos este documento do neuropsicólogo Álvaro Bilbao autor entre outras obras do libro “El cerebro de los bebés explicado a los padres”

Los niños no piden mucho

Es curioso…

Es curioso que mientras los adultos se amontonaban en las tiendas para hacer acopio de papel higiénico y alimentos antes de que comenzase la cuarentena ningún niño fue a la tienda de chucherías para dejarla sin existencias por miedo de que no hubiera suficientes chuches para todos los niños.

Es curioso que mientras algunos adultos se saltan la cuarentena para tomar el aire o hacer jogging los niños, que necesitan mucho más el movimiento, no se hayan escapado de casa a saltar, correr o tomar el parque con sus juegos y algarabías.

Es curioso que mientras los adultos pasamos el día colgados del móvil o el ordenador, como tú ahora, los más pequeños de la casa se entretienen haciendo cabañas, dibujando, hablando entre ellos o jugando con su imaginación.

Es curioso que estén haciendo deberes cuando se lo pedimos, ayudándonos en casa sin que se lo pidamos o celebrando cumples sin amigos, y sigan regalándonos cada día sus mejores sonrisas mientras sobrellevan la frustración.

Es curioso que cuando comenzó el estado de alarma muchos pensaron que el mayor problema serían los niños recluidos en sus casas y que ahora nos estén dando a los adultos una lección de civismo, calma y paciencia.

Es curioso que hasta ahora no nos hayamos dado cuenta de que los niños son seres maravillosos, resistentes, resilientes, colaborativos, solidarios, imaginativos, pacientes, afectuosos y que todavía les tratemos muchas veces con amenazas, gritos o con castigos. Ellos no piden mucho. Se conforman con poco. Sólo necesitan que los adultos seamos capaces de entenderlos, de hablarles con respeto y de dedicarles un poco de nuestro tiempo para demostrarnos lo maravillosos que son, curiosamente, en muchos casos, más respetuosos, pacientes, solidarios y resilientes que los propios adultos.

Sólo espero que cuando esto pase y volvamos a nuestras vidas normales tengamos un poco más de tiempo para hablarles y explicarles en lugar de mandarles y apresurarles porque así les estaremos mostrando no sólo el respeto que se merecen por ser niños sino también el que se han ganado con esta gran lección que nos están dando a todos los adultos.

Álvaro Bilbao
Neuropsicólogo

Xogo das apertas

A escola infantil de Cambre A Barcala achégamos un xogo para gozar ao ritmo da música, do movemento, dos agarimos e da cooperación en familia.

Nome: Xogo das Apertas

Idade: 1-3

Obxectivos:

  • Promover a súa motricidade xeral e o ritmo
  • Fomentar a atención e comunicación
  • Gozar da música e as interaccións


Materiais: Música con ritmo e divertida

Desenvolvemento:

Nun espazo un pouco amplo da casa a música sona de fondo. Mentres os membros da familia bailan como queiran. Cando se para as persoas, de dúas en dúas teñen que darse apertas.
A música volve a soar e reiníciase o baile. De novo, interrúmpese e agora as apertas son de tres, a así deste mesmo xeito continua o xogo, ata chegar a unha gran aperta familiar todos xuntiños.

Piruletas de chocolate branco

A escola infantil de Cerdedo-Cotobade-Cerdedo fai unha proposta ben dulce para facer piruletas de chocolate cos larpeiros da casa.

Nome: Piruletas de chocolate branco

Idade: de 1 a 3 anos

Obxetivos:

  • Manipular diferentes texturas coa supervisión dun adulto.
  • Estimular o interese polo traballo en equipo.
  • Traballar a autoestima porque se acada un produto final.
  • Expresar a súa creatividade.

 

Materiais:

  • Chocolate branco.
  • Pébidas de chocolate.
  • Paus de pinchos morunos.

 

Descrición:

  1. Derretiremos o chocolate branco no microondas.

  2. Cando esté derretido, collemos papel de forno e extendemos o chocolate coa figura que se quiera obter.

  3. Ponselle o pau para suxeitalo

  4. Poñemos as pébidas de chocolate para decorar e métese na neveira para enfriar e despois para comer.

Limpamos animais

A escola infantil de Marín Seixo fai a proposta dun xogo para os máis pequenos e pequenas.

Nome: Limpeza de animais

Idade: 1 ano e medio

Obxectivos:

  • Adquirir hábitos de hixiene
  • Valorar o cuidado dos xoguetes e demais obxectos.
  • Aprender a discriminar os obxectos pola súa textura.
  • Desenvolver o sentido do tacto

Materiais que precisamos:

  • Auga
  • Fariña
  • Cacao en polvo
  • Fideos crudos
  • Esponxa
  • Cepillo de dentes…
  • Animais ou similar.

Descrición da actividade:

Nunha bandexa ou recipiente similar botamos auga con fariña, cacao en polvo e fideos para simular barro e palla. Noutra bandexa botamos auga limpa e xabón (opcionalmente podemos votarlle unha gota de colorante alimentario azul a auga). Metemos algúns animais na bandexa do barro e deixamos a disposición dos/as nenos/as para que poidan limpar os animais.

Artistas en tempos de corentena

Proposta enviada pola Escola Infantil de Chantada.

Nome: Artistas en tempos de corentena
Idade: 2-3 anos
Obxectivos:

  • Desfrutar en familia elaborando carautas con material de refugallo.
  • Gozar coa experimentación e creación de obras plásticas.
  • Apreciar as creacións persoais.
  • Mellorar a psicomotricidade fina.
  • Fomentar a creatividade.                                           

Materiais:
Pinturas de varias cores.
Pinceis.
Tesoiras.
Caixas de cartón ou pedazos de cartón.
Pegamento

Desenvolvemento:
Con diferentes cores, deixamos que os nenos e as nenas pinten con total liberdade nos cartóns. Para facelo poden usar pinceis, os dedos, as mans…
Coa axuda dun adulto cunha tesoira, dámoslle forma as carautas, recortamos ollos, bocas, cellas, etc. Deixamos que as peguen como eles queiran. Finalmente colócanse nunha parede.

De que cor é un bico?

Dende a escola infantil de Xinzo de Limia acheganos un conto para os nenos e nenas.

Nome: De que cor é un bico?

Idade: 1-3 anos

 

 

 

 

Obxectivos:

  • Desfrutar coa escoita de contos e obras literarias.
  • Fomentar o pracer por a lectura
  • Descubrir as cores principais
  • Coñecer diversos sentimentos: cariño, amor…

Materiais:

  • Conto en formato papel (tamén o podemos atopar en formato dixital)

Descrición:

Procedemos a lectura do conto; primeiro creamos un ambiente de calma e silencio; podemos ambientar a estancia con unha lámpada que nos aporte luz tenue ou contar o conto ao aire libre, no xardín, na compañía de toda a familia… é moi importante que a persoa que conte o conto coñeza a historia para que o neno desfrute coa escoita do mesmo.

Propostas posteriores ao conto:

Este conto fálanos dunha nena que entre as súas afeccións destaca a pintura. Un día preguntase de que cor será un bico, e fai unha viaxe por as principais cores comparándoas con algo que lle resulta familiar (por exemplo pensa na cor amarela e lembrase dos xirasoles) despois de viaxar por todas as cores pregúntalle a súa nai; esta dille que un bico pode ser de moitas cores. Podemos reflexionar ou deducir que o sentimento de cariño (asociado xeralmente a un bico) está presente co conto.

Posteriormente a lectura podemos traballar coas distintas cores, familiarizándonos con elas e mesmo crear un bote con bicos pintando cada un dunha cor diferente.

Para crear o bote precisamos un bote de cristal e cartolina ou papel onde faremos formas de corazóns (cadaquén pode debuxar os bicos como mellor queira) pintámolos e metémolos dentro do recipiente.

Actividades de música

Nestas idades a adquisición da lingua é moi importante, como tamén o son outro tipo de linguaxes como a corporal, a plástica, a musical,… para enriquecer as posibilidades de expresión e contribuír ó desenvolvemento da competencia comunicativa. Proposta da escola infantil de Cedeira.

Nesta proposta preséntanse algunhas actividades que podemos facer para traballar diferentes aspectos relacionados coa música, os sons, os xestos, a expresión, o movemento,…

Idade: Unha proposta para todas as idades

Obxectivos:

  • Utilizar a linguaxe musical, xestualidade e manifestacións corporais como medio de comunicación e de expresión de ideas e sentimentos.
  • Explorar as posibilidades sonoras do propio corpo, de obxectos cotiáns e de instrumentos musicais.
  • Fomentar o interese e desfrute pola experimentación e creación musical.
  • Apreciar as diferentes cualidades do son así como a oposición son-silencio
  • Favorecer a atención, concentración, memoria auditiva, creatividade, expresión, motricidade, ritmo,…
  • Favorecer o descubrimento a experimentación dos sons co movemento e o ritmo.
  • Fomentar o interese e gozo pola musica tanto a nivel receptivo como produtivo.
  • Desenvolver as capacidades expresiva favorecendo a súas facultades imaxinativas e creativas.

Desenvolvemento:

Podemos utilizar instrumentos musicais feitos na casa ou ben instrumentos reais que podan utilizar os nenos e as nenas.

Agora que os nenos e nenas poden saír a pasear podemos aproveitar os recursos da natureza: pedras, madeiras, cunchas,… que nos servirán para facer música, ademais de coñecer o contorno.

Tamén é importante no plano musical e da expresión utilizar os recursos sonoros que nos ofrece o nos corpo, así traballaremos o ritmo, coñecemento do corpo,…

Facer música co corpo.

Dar palmadas, palmear na barriga, cara, pernas, ruído cos pes,…

Experimentar cos sons da boca: unha vogal larga, outra curta, máis alta, en baixiño, diferentes sons, onomatopeas,…

Xogos son-silencio.

Bailar ó ritmo de diferentes tipos de música e cando pare a música quedarse quedos como estatuas.

O mesmo con diferentes obxectos, instrumentos e elementos do corpo.

Localizar e identificar a fonte sonora.

O adulto agóchase tocando un instrumento e o pequeno ten que atopalo seguindo o son.

Cando a nena ou neno estea familiarizado cos sons de diferentes instrumentos ou materiais poñémonos detrás deles ou tapámoslle os ollos e tocamos un. Elas e eles terán que adiviñar de cal se trata.

Xogo de imitación.

Primeiro os cativos tocan un instrumento ou un obxecto como queira e nós imitámolo. Logo ó revés, eles imítanos a nós mentres tocamos forte-suave, rápido-lento, quedos-en movemento, con diferentes ritmos…

Cantar e bailar cancións de diferentes xeitos: alto-baixo, rápido-lento, con voz grosa- fina,…

Poñer música ós estados de ánimo.

Imaxinamos que estamos moi contentos e tocamos un instrumento neste estado de ánimo e con ese xesto. Logo o mesmo con enfadados, tristes, cansos, divertidos,…

Dramatizar un conto.

Darémoslle valor interpretativo tanto ós sons como á música e axudámonos do movemento e o xesto. Por exemplo: silencio cando algunha personaxe pensa ou está enfadado (e xesto de pensar ou de enfado) e música e movemento para acompañar ás accións (tocamos e andamos lento cando o protagonista vai a modo e rápido cando ten que fuxir).

Xogamos as agochadas: cucú-tras

Desde a Escola Infantil de Narón convídanos a xogar un anaco coas nenas e nenos ás agochadas, animádevos?

Nome da Actividade: Xogamos ás Agochadas: Cucú Trás

Idade á que vai dirixida: A partires dos 4-5 meses en diante

Obxectivos:

  • Favorecer o desenvolvemento cognitivo
  • Mellorar a comunicación e a paciencia
  • Manexar angustias e gañar confianza
  • Fortalecer o vínculo de apego co adulto que está a xogar co neno

Materiais e desenvolvemento:

Nos primeiros tempos en que o meniño é máis pequeniño, non precisamos ningún tipo de obxecto para o xogo. Simplemente imos tapar os nosos ollos coas mans e despois baixalas e voltar a “aparecer”. Cando realizamos este simple xesto para nós, de taparnos os ollos ou a cara coas mans, o neno pensa que desaparecemos e aparecemos cando baixamos as mans.

A medida que van medrando, podemos coller algún obxecto e agochalo baixo un pano, unha saba etc, e destapalo. Incluso podemos saír do sitio onde estamos a xogar e voltar de seguido.

Tamén as cativas e os aprenderán a agocharse e comezarán por tapar a súa cara coas mans ou cun pano, sombreiro etc facéndose así “invisibles” para o adulto. Con este xogo o neno vai na búsqueda do outro e mostrando a alegría de atopalo fortalecendo así a atención compartida, os vínculos e a comunicación. https://www.youtube.com/watch?v=DTLqJ4NxrnE

Queredes xogar xa?