Bo comezo de ano, familias!
Na escola vivimos durante o mes de Decembro unha chea de bonitos momentos que queremos compartir con vós.
Festexamos os aniversarios de Antón e Vega M.
Divertímonos con propostas de materiais moi diversos, algúns deles moi característicos destas datas.
Desfrutamos da compaña dalgunhas mamás e tías no noso obradoiro de Nadal. Fixemos unhas galletas fermosas e saborosas!
E o día da festa de Nadal pasámolo xenial con Irene, tía da nosa compañeira Briana, que nos obsequiou con 3 fermosos contos cantados e tocounos a frauta traveseira e a melódica.
Grazas a todos por facernos pasar momentos tan especiais.
Ata pronto!