Qué rápido pasou o curso!. Xa estamos acabando e esperamos que disfrutedes dunhas boísimas e ben merecidas vacacións, e que comecedes o seguinte curso con moitísima ilusión no cole dos maiores. Para despedirnos vos ensinamos as últimas fotos deste curso no que preparamos as sorpresas para os papis e mamis, celebramos a festa de fin de curso, san Xoan, cumpreanos e moitísimas actividades que seguimos realizando e que tanto nos gustan. Disfrutade moito e non dubidedes en facernos algunha visita para que non vos esquezades de nos. Un saúdo e ata sempre.
ORLA AULA 5
Menú Xullo – segunda quincena
Maio e Xuño nas aulas de bebés
Ola a tod@s!
Aquí estamos de novo para que vexades o ben que o pasamos na escola durante estes dous meses. Ahí Vai!
Experimentamos coas texturas
Probamos zapatos e zapatillas
Xogamos con obxectos de uso cotiá
Probamos un pouco de pan raiado…
E un pouquiño máis…
Xogamos con obxectos da vida cotiá
Pero sobre todo disfrutamos un montón movéndonos, correndo e cando o tempo nos deixou xogando no xardín.
Ata pronto! Apertas!!!
Menú Xullo
ORLA AULA 1
ORLA AULA 6

MAIO NA SALA 6
Bos días familias!
Querémosvos amosar as fotos do mes de Maio no que seguimos a traballar un montón. Xa chegou o mes máis florido e preparámos un pequeno agasallo para celebrar o día da familia. Esperamos que esteán a medrar moito nas vosas casas e que as reguedes todos os días. Tamén seguimos facendo experimentación e manipulación con arroz, debullando chícharos que lle demos a Celia, a nosa cociñeira. Preparóunos un arroz con eles e gustounos moitísimo. Seguemos a realizar actividades plásticas como pintar con ceras, traballar a nosa psicomotricidade fina con pinchos, coñecemos insectos da terra, coidamos as nosas plantiñas da aula, pintamos no chan con auga e plantillas de debuxos varios…
Tamén celebramos os cumpleanos dos amigos elaborando a súa tarta e coméndoa ó día seguinte. Cada vez somos máis os que cumprimos os tres anos. Cómo pasa o tempo!
Esperemos que vos gusten. Un saúdo e ata o mes que ven.
MAIO NA AULA 5
Ola familias!
Aquí estamos de novo presentándovos o mes de maio, un mes de flores e primavera. Este mes non paramos nada de nada. Estivemos moi ocupados facendo de todo.
Xa vedes a cantidade de instalacións que facemos na aula: de papeis, con caixas, con pelotas e ata un mini laberinto que quedou todo tirado polo chan…
En plástica moitísimas actividades: pintamos un montruo verde, o monstruo da calma, coloreamos uns catalexos para ver as estrelas, e ata pintamos con rollos de papel hixiénico…, un sin parar.
E para rematar, como estamos no mes das flores, xogamos cun montón delas e cun montón de follas verdes. Encántanos a natureza!
E moitas cousas máis!
A ser felices, vémonos!