SETEMBRO E OUTUBRO NA AULA 7

Ola familias:

Despois dunha temporadiña de adaptación para tod@s, comezamos este blogue coa seguinte entrada na que vamos a resumir na medida do posible os momentos máis destacados destes dous meses.

Algo que nos encanta é ir ao recuncho de experimentación e manipular todo tipo de materiais. Neste caso traballamos moito con elementos e alimentos do outono.


Outra das cousas coa que desfrutamos moito é a pintura. Xa sexa pintar con pinturas, con pinceis, coas mans…plasmar as nosas obras de arte gústanos moito.

Tódolos días saímos ó xardín, xa sexa ó das peras ou ó das motos. Neste caso saímos ó das peras a recoller follas para o noso mural e de paso puxémonos as botas comendo nelas.

Unha das actividades que ímos realizar ó longo de todo o curso son as instalacións. Esta é unha delas.

Traballamos moito a psicomotricidade grosa porque non paramos de saltar e de correr pero ás veces tamén facemos circuítos con obstáculos. Tamén traballamos a fina como vemos a continuación.


O que máis nos gusta é baixar polas mañás e ver qué “sorpresa” nos ten preparada Lorena para xogar na aula. As vías do tren, os cacharriños da cociña e os animais son os que máis nos gustan.

Para rematar o mes de outubro e tamén esta entrada do blogue, festexamos o Samaín. Estivemos todo o día cos nosos disfraces, pintamos arañas na cara e pasámolo moi ben. Tamén fixemos unha actividade conxunta no xardín cos compañeiros do nivel que proximamente publicaremos no blogue.
Esperamos que vos gustasen as fotos dos nosos momentos na escola, hai moitas máis pero sería imposible publicalas todas.

Unha forte aperta familias e ata o próximo mes.

AULA 6

Boas familias,

Ante todo, esperamos que vos encontredes todas e todos ben!

Estamos encantadas co noso grupiño da aula 6. Gústanos moito ver como avanzan, como desfrutan xogando, resolven e xestionan os seus conflitos e emocións…

Queremos lembrarvos que podedes consultarnos calquera dúbida ou cuestión que vos preocupe para que entre todos a podamos resolver.

Hoxe, por fin, inauguramos o noso blogue! Nesta ocasión compartimos con vos as fotos de setembro e outubro, pero de aquí en diante farémolo mensualmente.

Intentaremos reflexar a través das imaxes os momentos máis destacados do día a día das vosas crianzas.

Esperamos que vos gusten!

Unha aperta para todas e todos.

Yoli e Estrella

 

 

 

 

 

AULA 5: RECORDOS DE SETEMBRO E OUTUBRO

Ola familias da aula 5!

Despois de certos problemas tecnolóxicos por fin poñemos en marcha as fotos no blogue.

Aquí publicaremos unha mostra do que faremos durante o curso, a partires de agora de forma mensual.

Poucas fotos podemos mostrar de setembro xa que a adaptación é a que manda. Dedicámonos por enteiro a atender as necesidades dos nenos e nenas da aula.

Esperamos que vos gusten estas pouquiñas fotos das primeirísimas saídas aos xardíns, as primeiras experiencias e xogos, as primeiras interaccións…  Traballaremos para conseguir mellor calidade nas imaxes.

Saudiños

Laura e Ana

 

 

 

 

A ADAPTACIÓN NA SALA 2

Ola familias!.

Xa temos preparadas as fotos que fixemos durante estes dous meses de adaptación. Nelas podedes ver diferentes momentos e espazos da escola que utilizamos. Actualmente xa estamos moito máis tranquilos e podemos dicir que superamos ese difícil momento, adaptándono os mestres/as, novos espazos, compis… Esperemos que disfrutedes as fotos e,  a partir de agora comezaremos a publicalas mensualmente.

Un saúdo de todo o equipo educativo e ata o mes que ven.

Adaptación na sala 4

Ola a tod@s!

Benvidos ó noso blogue. Nel mes a mes iremos contándovos as cousiñas que facemos e poñendo algunas fotos. Para que non vos perdades nada do noso día a día.

E mediado outubro a adaptación está más que superada. Mirade que ben o pasamos.

Xogamos con zapatos e zapatillas, bolsos, con botes e tapas, saímos ó xardín…


Ata pronto! En breve más!