Boas a tod@s, aquí vai a selección de fotos do mes de Outubro, esperemos que vos gusten.
Un saúdo
Ola familias da aula 5!
Despois de certos problemas tecnolóxicos por fin poñemos en marcha as fotos no blogue.
Aquí publicaremos unha mostra do que faremos durante o curso, a partires de agora de forma mensual.
Poucas fotos podemos mostrar de setembro xa que a adaptación é a que manda. Dedicámonos por enteiro a atender as necesidades dos nenos e nenas da aula.
Esperamos que vos gusten estas pouquiñas fotos das primeirísimas saídas aos xardíns, as primeiras experiencias e xogos, as primeiras interaccións… Traballaremos para conseguir mellor calidade nas imaxes.
Saudiños
Laura e Ana
Ola familias!.
Xa temos preparadas as fotos que fixemos durante estes dous meses de adaptación. Nelas podedes ver diferentes momentos e espazos da escola que utilizamos. Actualmente xa estamos moito máis tranquilos e podemos dicir que superamos ese difícil momento, adaptándono os mestres/as, novos espazos, compis… Esperemos que disfrutedes as fotos e, a partir de agora comezaremos a publicalas mensualmente.
Un saúdo de todo o equipo educativo e ata o mes que ven.
Ola a tod@s!
Benvidos ó noso blogue. Nel mes a mes iremos contándovos as cousiñas que facemos e poñendo algunas fotos. Para que non vos perdades nada do noso día a día.
E mediado outubro a adaptación está más que superada. Mirade que ben o pasamos.
Xogamos con zapatos e zapatillas, bolsos, con botes e tapas, saímos ó xardín…
Ata pronto! En breve más!
Ola familias!
Vémonos en 4 días!
Disfrutade e descansade moito.
Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de “A CANTEIRA” permanecerá pechada durante o mes de agosto.
As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS404A&ano=2021&numpub=1&lang=es
ou no rexistro do Concello de Oleiros sito na Plaza de Galicia nº 1, en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2021 (artigo 20.3 RRI).
Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.