As salas 3 e 4 no mes de novembro

Xa rematou outro mes e aquí non paramos de facer cousas. Aproveitamos todo o que podemos para estar fóra, sempre que o tempo nos deixa e ben abrigadiños, claro. Pero aínda facemos máis cousas. Mirade todo o que deu de sí novembro.

Xogamos na aula con construccións, obxectos de madeira,…

Tamén saímos ó corredor e probamos bufandas, gorros, zapatillas…

Xogamos cos bambáns, arrastres, andadores…

E subimos ó patio bailar, xogar cos puzles, coas motos… Encantóunos!

E os amiguiños da sala 3 tamén nos divertimos moito durante este mes. Mirade, mirade…

Experimentamos con distintos obxectos: guantes, cepillos, culleres de pau, latas…

Xogamos con pelotas…

E isto é todo de momento. Vémonos pronto!

 

Así de ben o pasamos no mes de novembro na aula 7!!

♥Ola de novo familias;

Este mes pasado traballamos moito e queremos que vexades parte das cousas que fixemos.

No recuncho de experimentación fixemos trasvases con corchos e pinzas e manipulamos espuma de afeitar, que tinguimos de cores.

As instalacións deste mes foron de tubos e pelotas, de elementos de limpeza e de prendas (gorros, calcetíns e zapatillas).

No recuncho de plástica fixemos figuriñas de arcilla e pintamos un mural polo día internacional da eliminación da violencia.

Para traballar a psicomotricidade fina pintamos con rotuladores, como os maiores e gustounos moito e ademáis fixemos pinchiños.

Todos os días temos un oco para o xogo libre e para saír ó xardín!!!!

Espero que disfrutedes das imaxes tanto coma nós de facer as actividades!

Unha aperta e felices festas!!!!

Lorena e Rosalía

AULA 6

Ola familias!

Estamos de novo con vós para compartir unha pequena mostra da nosa andaina na escola neste pasado mes de novembro.

Esperamos que vos gusten as imaxes que seleccionamos, nas que poderedes ver como nos desenvolvemos en actividades manipulativas, sensoriais, de experimentación, de psicomotricidade fina e grosa, nas saídas ao patio e ata festexando.

Vémonos por aquí o próximo mes. E desfrutade das festas, que xa non tardan!

Unha aperta,

Yoli e Estrella.

NOVEMBRO NA AULA 5

Benqueridas familias,

xa pasou outro meses case sen darnos conta. Unha vez superadísima a adaptación e con ganas de aprender cousas novas, comezamos a explorar cada recanto do xardín, aproveitando todo o seu potencial no outono e comezamos tamén a disfrutar das instalacións e novas propostas na aula.

Como estamos coñecéndonos e achegándonos máis, comezaron os primeiros conflitos, unha oportunidade estupenda para aprender a relacionarnos cos compañeiros de forma adecuada.

Xa estamos aprendendo a rutina diaria, adiantándonos ao que vai acontecer en cada momento e coas pautas e normas da aula imos así, así. Estas últimas custan un pouco, pero e que son tantas cousas que aprender!!!

Saudiños dende a aula 5.

Novembro na aula 1

Boas tardes, familias!

Non podíamos marchar de ponte sen deixarvos unha pequena mostra das nosas primeiras fotiños na escola que, de seguro, vos quedarán para o recordo.

Como somos as máis pequerrechas da escola, comezamos con tranquilidade…

Primeiro tivémonos que adaptar ós novos espacios, ás novas caras, ás novas voces (e tamén ruídos)… e pouco a pouco imos traballando as rutinas de alimentación e descanso.

Despois de comer sempre repousamos un pouquiño o bibe nas hamaquiñas… 

E despois de descansar, toca enredar!

Que pasedes moi boa ponte!

E disfrutádeos moito! ♥️

Nuria 🌺 Lidia

NOVEMBRO NA SALA 2

Ola familias!.

Xa temos preparadas as fotos do mes de Novembro da Aula 2.

Xa nos encontramos moito mellor na aula, adaptados completamente e interiorizando as rutinas, horarios, ruidos…,  e compartindo cos nosos pequenos compis todos os momentos da xornada, dende as sestas  ata a hora de xantar, que esperamos con moitísima ansia. Imos avanzando moito na nosa autonomía e cada vez demandamos menos e somos quén de entreternos por nos mesmos, experimentando, probando novas texturas, obxectos de diferentes materiais…

Gústanos moito explorar e coñecer novos entornos e os mais maiores, que xa nos desplazamos, non deixamos ningún recuncho sin visitar.

Tamén gústanos curiosear aos compis da clase de o lado, aínda que son un pouco mais pequenos que nos. Temos que ir conquistando espazos pouco a pouco porque temos moitísima interese en exercitarnos na nosa motricidade grosa.

Esperemos que vos gusten as fotos.

Un saúdo de todo o equipo do nivel 1 e ata o mes que ven.

 

 

¡¡¡Festexamos o Samaín!!!

Ola de novo, familias:

Para festexar o Samaín xunt´´amonos os amigos do nivel 3 (aula 5,6 e 7) para facer unha actividade no xardín: “A busca do tesouro”.

Puxemos os traxes de auga e as botas e saímos a desfrutar do bonito día.

As profes esconderon diferentes froitos e froitas do outono (laranxas e mandarinas, mazás, marmelos, ravos (rábanos) e champiñóns) polo xardín, na horta, nas árbores, entre as herbas…pasámolo moi ben buscando e atopando os tesouros.

Despois as fomos seleccionando e repartindo cada unha na súa caixa.

Para rematar a xornada sentámonos a almorzar toda a nosa colleita! Algúns ata champiñóns e ravos crus comeron! 😉

Desfrutamos moito desta actividade como así o reflexan as seguintes fotos.

Un saúdo e ata a próxima!!

SETEMBRO E OUTUBRO NA AULA 7

Ola familias:

Despois dunha temporadiña de adaptación para tod@s, comezamos este blogue coa seguinte entrada na que vamos a resumir na medida do posible os momentos máis destacados destes dous meses.

Algo que nos encanta é ir ao recuncho de experimentación e manipular todo tipo de materiais. Neste caso traballamos moito con elementos e alimentos do outono.


Outra das cousas coa que desfrutamos moito é a pintura. Xa sexa pintar con pinturas, con pinceis, coas mans…plasmar as nosas obras de arte gústanos moito.

Tódolos días saímos ó xardín, xa sexa ó das peras ou ó das motos. Neste caso saímos ó das peras a recoller follas para o noso mural e de paso puxémonos as botas comendo nelas.

Unha das actividades que ímos realizar ó longo de todo o curso son as instalacións. Esta é unha delas.

Traballamos moito a psicomotricidade grosa porque non paramos de saltar e de correr pero ás veces tamén facemos circuítos con obstáculos. Tamén traballamos a fina como vemos a continuación.


O que máis nos gusta é baixar polas mañás e ver qué “sorpresa” nos ten preparada Lorena para xogar na aula. As vías do tren, os cacharriños da cociña e os animais son os que máis nos gustan.

Para rematar o mes de outubro e tamén esta entrada do blogue, festexamos o Samaín. Estivemos todo o día cos nosos disfraces, pintamos arañas na cara e pasámolo moi ben. Tamén fixemos unha actividade conxunta no xardín cos compañeiros do nivel que proximamente publicaremos no blogue.
Esperamos que vos gustasen as fotos dos nosos momentos na escola, hai moitas máis pero sería imposible publicalas todas.

Unha forte aperta familias e ata o próximo mes.

AULA 6

Boas familias,

Ante todo, esperamos que vos encontredes todas e todos ben!

Estamos encantadas co noso grupiño da aula 6. Gústanos moito ver como avanzan, como desfrutan xogando, resolven e xestionan os seus conflitos e emocións…

Queremos lembrarvos que podedes consultarnos calquera dúbida ou cuestión que vos preocupe para que entre todos a podamos resolver.

Hoxe, por fin, inauguramos o noso blogue! Nesta ocasión compartimos con vos as fotos de setembro e outubro, pero de aquí en diante farémolo mensualmente.

Intentaremos reflexar a través das imaxes os momentos máis destacados do día a día das vosas crianzas.

Esperamos que vos gusten!

Unha aperta para todas e todos.

Yoli e Estrella