Ola familias!
Compartimos con vós unha mostra de bonitos momentos na aula xa que, agora que estamos máis familiarizados coa escola, estamos tamén máis dispostas e dispostos a argallar, aprender e desfrutar das propostas diarias.
Os elementos de outono seguiron estando moi presentes.
Así como outros moitos materiais e todas as posibilidades que nos ofrecen.
Como vedes, traballamos en equipo e facémolo xenial.
Gozamos dos espazos exteriores.
Recibimos encantados a visita da avoa de Aroha, que nos contou un contiño. E aproveitamos para animarvos aos que poidades a que compartades tamén algún momento así con nós, que seguro que o desfrutamos moito.
Festexamos tamén o aniversario de Vega elaborando un biscoito que nos saíu boísimo! Papámolo todo!
E para despedirnos…. moito, moito cariño!
Feliz mes do Nadal. Bicos!
Yoli e Estrella.