No día do neno conmemoramos a aprobación en novembro do ano 1959 da Declaración dos Dereitos do Neno.

Neste curso quixemos involucrar ás familias nesta celebración, invitándoas a participar o día 20 cun conto, cunha canción…e a verdade é que temos uns pais, nais e avós moi artistas!

>

O DÍA DO NENO

Agradecemos ás familias que fixeran desta data un día especial na Canteira:

Ana, Ana María e Cristina do nivel I

Ruth e César do nivel II

Ana Belén, Lino, Paula,Carmen,Nuria, Carlos e o avó de Diego do nivel III

Prazos para reserva de praza, preinscrición e matrícula para o curso 2010/201111

O prazo para a reserva e renovación de praza, asi como para os fillos dos traballadores das escolas infantís e para os irmáns que renoven praza, será do 1 ó 12 de marzo, ambos os dous incluídos.As instancias recolleranse desde o dia que comeza o citado prazo no horario de 8:00 a 16:00.

O prazo de preinscrición para novos usuarios é do 15 de marzo ó 15 de abril. As instancias recolleranse desde o dia que comeza o citado prazo no horario de 8:00 a 16:00.

As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaránse o 3 de maio. O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte a súa publicación.

As listas definitivas de admitidos e de agarda faranse públicas o 1 de xuño.

O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron a reserva e renovación, como para os que fixeron preincrición, será do 2 ó 22 de xuño.

Tal e como consta no RRI das Escolas Infantis, de non formalizar a reserva, renovación, preinscrición ou matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na listaxe de admitidos.