E como colofón, un Magosto con castañas, follas secas…
>
E como colofón, un Magosto con castañas, follas secas…
>
Aquí tedes un video explicativo sobre a nosa escola. Se tedes algunha dúbida podedes contactar coa escola a través do seu mail escolainfantilacanteira@gmail.com ou chamando o numero 981977921
Un saúdo do equipo da escola.
Como remate final do centro de interese “OS TRANSPORTES”, os máis maiores da escola disfrutamos coa visita da policía, protección civil e os bombeiros.
Menuda armamos na escola: subimos no coche de policía, tocamos as sirenas, fixemos un circuíto, usamos a mangueira e o casco de bombeiro…
RECORDOS DE ENTROIDO
Aquí tedes un vídeo con fotos da nosa festa de entroido, que xirou en torno á temática deste curso. Mirade que guapas e guapos estabamos!
Moitas grazas ás familias por colaborar e axudar a que todo saíra así de ben.
O prazo para a reserva e renovación de praza, asi como para os fillos dos traballadores das escolas infantís e para os irmáns que renoven praza, será do 1 ó 12 de marzo, ambos os dous incluídos.As instancias recolleranse desde o dia que comeza o citado prazo no horario de 8:00 a 16:00.
O prazo de preinscrición para novos usuarios é do 15 de marzo ó 15 de abril. As instancias recolleranse desde o dia que comeza o citado prazo no horario de 8:00 a 16:00.
As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaránse o 3 de maio. O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte a súa publicación.
As listas definitivas de admitidos e de agarda faranse públicas o 1 de xuño.
O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron a reserva e renovación, como para os que fixeron preincrición, será do 2 ó 22 de xuño.
Tal e como consta no RRI das Escolas Infantis, de non formalizar a reserva, renovación, preinscrición ou matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na listaxe de admitidos.
Ola familias!
Con motivo da chegada da festividade do entroido, a Escola Infantil “A Canteira” achégavos a programación de actividades que vos ofrecemos para disfrutar destas datas:
– Comenzaremos realizando uns obradoiros dirixidos ás familias, para a elaboración dos disfraces dos vosos pequenos e pequenas que se realizarán os seguintes días:
– Do día 8 ao 17 de febreiro, contaremos coa visita dunha persoaxe típica do entroido galego; o Meco, do que xa vos iremos informando máis adiante.
– O vindeiro 12 de febreiro de 2010 de 16:00 – 18:00 horas, celebraremos a festa do Entroido. Para dita celebración os alumnos e alumnas deberán vir disfrazados da casa e agradeceriamosvos que debido ao pouco espazo co que contamos e a unha mellor organización da festa, cada alumno ou alumna fora acompañado cun máximo de dous familiares. Como na festa anterior, precisamos da vosa colaboración na elaboración de alimentos típicos destes datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto.
– Xa para despedir estas festas, o mércores 17 de febreiro de 2010, será o día do disfraz libre.
Recordarvos que esta escola permanecerá pechada o 16 de febreiro por festividade local, e o día da festa pechará ás 15:00 horas.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Un saúdo e boas festas
O equipo da Escola Infantil A Canteira