Os bebés coñecen o outono.

Mirade cantas cousiñas fixemos no noso primeiro outono. Somos uns bebés moi espelidos!

Pasámolo moi ben xogando con cabazas, castañas, landras, espigas de millo, pinas e follas secas. Algunhas cousiñas pican un pouco pero non nos importa. Así coñecemos o mundo, explorando.

Teñen un montón de cores e texturas que nos dan moito traballo, xa que temos que probalo todo.

Esperemos seguir disfrutando das cousas que nos ofrece a natureza xa que son sempre sorprendentes e moi divertidas.

Ata pronto! Xa seguiremos contándovos todo o que facemos.

Hola de novo familias!

Chegadas estas datas, imos rematando coas actividades de outono para centrarnos máis no inverno e por suposto, no Nadal, unha festividade que vivimos con moita ilusión! Aquí vos deixamos unha recopilación de do que fixemos este último mes no nivel III:

GALLETAS DE NATA

Que galletas máis ricas fixemos na escola os amigos do nivel III. Aquí vos deixamos a receita para que poidades facelas na casiña:

·    225 gr. de fariña de trigo

·    225 gr. de fariña de maiz

·    250 gr. de mantequilla

·    100 gr. de azúcar

·    1 ovo

·    250 ml. de nata

Mesturamos todo ata conseguir unha pasta tipo plastilina blanda. Estirámolo enriba dunha superficie enfariñada e cortamos coas formas que desexemos (con cortapastas). Metemos ó forno a 180º uns 15 minutos; ata que esten un pouco douradas.

aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos nós:

 

 

Probade a facelas, están boísimas!

 

o outono no nivel III

Que ben o pasamos este tempo descubrindo todo o que ocorre no noso entorno: caen as follas, aparecen as castañas e as landras, as noces, os cogumelos… Experimentamos con todo o que nos poñen ó noso alcance… Tamén seguimos traballando coa profe de horto, cociñamos…e por suposto avanzamos na autonomía.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración:

Ata a próxima! Aquí seguiremos traballando e aprendendo máis e máis cousiñas!!

O MAGOSTO!

O pasado venres 18 de novembro tódolos amiguiños da Canteira celebramos a tan ansiada festa de magosto!Veu a castañeira repartirnos ricas castañas para todos, para as profes tamén! Cantamos cancións de outono, bailamos e por suposto: probamos castañas!Que ricas!

Moitas grazas ás familias pola colaboración: as castañas riquísimas, e os cestos moi bonitos! Seguiremos mandando deberes ós papis e mamis!je!

@S RATIÑ@S E @S COELLIÑ@S NO OUTONO

Coa chegada do outono caeron as follas, as castañas saíron dos ourizos e naceron as mazorcas, as noces, as landras, as granadas… Así que aproveitamos todos estes elementos naturais para aprender, xogar e disfrutar!

Descubrimos e manipulamos follas secas e mazorcas…

Descubrimos e coñecemos as castañas…

Traballamos a psicomotricidade fina intentando quitarlle a monda ás castañas cocidas para comelas no almorzo de media mañá.

E tamén descubrimos os sentidos da vista e do gusto pintando castañas xigantes e saboreando a choco-pintura.

Bueno familias, nós seguimos por aquí traballando duramente…

Ata a próxima!

 

A VISITA DA SEÑORA DO OUTONO

Este martes tivemos unha agradable sorpresa: a Señora do Outono fíxonos unha visita para convidarnos á festa do magosto que celebraremos este venres.

Ademais da invitación, a Señora do Outono veu acompañada de cancións do outono e de follas que voaban por todas partes…

Xa o di o refrán:

“As mellores visitas, son as inesperadas”!

excursión polo xardín da escola

o pasado xoves 10 de outubro os amigos da tarde saímos de excursión ó xardín da escola…a ver se atopabamos cousiñas típicas do outono…E VAIA SE ATOPAMOS!!

PIÑAS,

 

SETAS,

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CASTAÑAS, NOCES, LANDRAS, OURIZOS…..

 

 

Que ilusión nos fixo atopar tantas cousas!Metemos todo nunha cesta e levámolo para a escola!

Canto podemos descubrir no outono: hai árbores que non lles caen as follas, que sorpresa!