A cantar!

Nós xa levamos tempo ensaiando pero os papis, mamis, avós, avoas…. ¿estades preparados para a gran festa de entroido? hoxe comezan os obradoiros para facer os disfraces. ah! hai que ir ensaiando as cancións, aquí vos deixamos unha pequena chuleta:

DE CANCIÓN EN CANCIÓN E DE AULA EN AULA.

Chegadas estas datas, puxémonos a traballar en profundidade a temática deste ano.

Como xa sabedes, desde principios de curso cada aula temos o noso propio conto e a nosa personaxe principal coa cal nos identificamos, pero agora tamén temos a nosa propia canción. E coa intención de dalas a coñecer ó resto da escola, día a día imos facendo pequenas visitas ó resto das aulas para compartir momentos a disfrutar conxuntamente.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como estamos traballando.

A aula da CEBRA CAMILA visita a aula dos RATIÑ@S.

As aulas do POLO PEPE e da PORCA CLEA visitan a aula dos RATIÑ@S.

Bueno familias, para a semana nós seguiremos disfrutando cos nosos contos e cancións, recibindo e dando visitas, e vós disfrutade moito da fin de semana!

Como non podía ser doutro xeito, despois de traballar un pouquiño tocou…FESTA! Que ben o pasamos!!

O NADAL NA CANTEIRA!

O pasado venres 16 de decembro celebramos na escola a tan ansiada festa de Nadal! Pasámolo xenial; xogamos, cantamos, bailamos, veu o Paxe Real, merendamos… Temos que agradecer en primeiro lugar a tódolas familias pola implicación e colaboración e tamén os membros da ANPA!

Que non decaia ese ánimo e esas ganas familias!!! Desexarvos moi bo Nadal e feliz ano novo:

@S AMIGUIÑ@S DO NIVEL II

 

Ola familias!

Aínda que o calendario di que o inverno non comeza ata o 21 deste mes, a nosa escola xa deu por rematado o outono e xa comezamos a traballar o inverno e a súa festividade máis representativa: O Nadal.

Aquí vos deixamos unha pequena recopilación das actividades máis representativas que fixemos durante o mes de novembro.

Xogamos con follas, experimentamos con cabazas, manipulamos granadas… e tamén as comemos!!!

Ata outra familias!!!