grazas familias

Boas de novo familias! Pasados xa estes días de festas…queremos agradecervos a vosa colaboración no entroido e animarvos a que sigades participando, que o pasamos xenial! Mirade como pintan os papás e mamás que nos axudaron cos decorados…e que bonitos quedaron!

PREINSCRICIÓN E RENOVACIÓN DE PRAZA CURSO 2012/2013

Aquí tedes as datas a ter en conta para a preinscrición ou renovación de praza nas escolas infantís:

  • 29 Febreiro – Publicación do anuncio no DOGA
  • 1 ao 31 Marzo – Renovación prazas e Preinscrición novo ingreso
  • 11 Maio – Publicación listaxes provisionais
  • 12 ao 13 Maio – Reclamacións
  • 11 Xuño – Publicación listaxes definitivas
  • 12 ao 30 Xuño – Matriculación
  • 5 Setembro – Comezo do curso

ÚLTIMOS RETOQUES PARA A FESTA DE ENTROIDO!

Xa está todo o mundo preparado para a festa de mañá?

Aquí vos deixamos unha mostra das familias máis aplicadas que xa fixeron todo o traballo nos obradoiros de disfraces. E aquelas persoas que aínda non estean listas de todo, moito ánimo que tedes toda a tarde para preparar algo, porque xa sabedes que tod@s podedes vir disfrazados.

Lembrade que a festa comezará ás 16:30 en punto e rematará as 18:30. Lembrade tamén que podedes traer zumiños e cousiñas para a merenda.

Vémonos tod@s mañá!

Ola familias!

Estamos encantados de celebrar o entroido na escola pero para que sexa unha data especial tamén precisamos da vosa colaboración, aquí vos deixamos unha pequena organización destas datas, e non dubidedes en consultar calquera dúbida cos titores ou titoras!

O vindeiro 17 de Febreiro de 16:30 – 18:30 horas,  será a festa do Entroido! Para dita celebración os nenos e nenas deberán vir disfrazados da casa e agradeceriámosvos que debido ao pouco espazo co que contamos e para unha mellor organización da festa, cada alumno ou alumna viñera acompañado dun máximo de dous familiares. Como na festa anterior, precisaremos da vosa colaboración traendo alimentos típicos destas datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto. LEMBRADE QUE ESTAREMOS ENCANTADOS DE QUE OS MAIORES TAMÉN VEÑADES DISFRAZADOS DA CASA, temos uns disfraces ben sinxelos, animádevos!!!!

Unha vez subamos a patio non poderemos facer uso das aulas, xa que o persoal de limpeza comeza a facer o seu servizo as 17:00. No caso de se precisar un urinario, estará a disposición dos nenos e nenas o baño do comedor.

Xa para despedir estas festas, o luns 20 de febreiro, será o día do disfraz libre.

Recordarvos que esta escola permanecerá pechada o 21 de febreiro por festividade local, e o día da festa pechará ás 15:00 horas.

Grazas de antemán!

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ

Ola familias!

Unha vez máis querémosvos amosar, con exemplos, como é a nosa vida na escola.

Esta vez, ímosvos mostrar o ben que o pasamos tódol@s amiguiñ@s da Canteira o Día da Paz, que tivo lugar o pasado luns 30 de xaneiro.

Como vedes, disfrutamos dunha animada representación que se fixo adaptando o conto da aula 3, onde saen tódolos animaliños da escola, para vivenciar que é mellor xogar con tod@s @s amiguiñ@s e compartir que enfadarse e pelexarse.

Isto é todo por hoxe familias, e recordade que o Día da Paz non só é o 30 de xaneiro, senón tódolos días do ano.

Ata outra, e non vos enfadedes moito!